Cornejo, Romer

Desde 1978 é profesor de investigación no Centro de Estudos Asiáticos e Africanos do El Colegio de México. Alí exerceu como profesor da Cátedra de Historia Contemporánea de China, dirixiu a revista Estudios de Asia y África e foi coordinador académico do máster nesa especialidade. Publicou diversos artigos e libros sobre política, relacións internacionais e sociedade en China. Fai parte do Consello Científico da Revista Tempo Exterior.