IGADI: Para comprender o Mundo desde aquí, para proxectar a Galicia no contexto internacional

Slider tanxu 3A Coruña GlobalTempo Exterior nº51IGADI - 2º Maratón de GaleguidadesOGALUSESPANHA NA CPLP: UMA OPORTUNIDADE PARA REDEFINIR A NOSSA DIPLOMACIA A PARTIR DA GALIZAigadi slide palestinalibro
25 de xullo

Últimas noticias

IGADI - Tempo Exterior nº52

O Tempo Exterior 52 pecha a etapa de Celso Cancela na dirección da revista e abre unha nova xeira con Diego Sande

Coordenado por Diego Sande Veiga, profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Universidade de Santiago de Compostela, co-director do Diploma de Especialista Universitario en Economía e Política China e coordenador da Liña de análise en Economía do IGADI, o monográfico pon o foco en economías e procesos que adoitan permanecer afastados dos principais focos mediáticos.

Os artigos analizan casos como Bosnia e Hercegovina, Taiwán, a lusofonía e o Perú —ao que se dedican dúas contribucións—, ofrecendo unha visión plural sobre os retos e as oportunidades de desenvolvemento destes espazos. O conxunto evidencia a necesidade de incorporar estas realidades ao debate académico e á comprensión da economía internacional desde Galicia. Podes descarregar o número desde esta ligazón.

Este número marca o remate da etapa de Celso Cancela, profesor de Ciencia Política da Universidade de Vigo, á fronte da dirección da revista. Desde xaneiro de 2020 impulsou a consolidación do perfil académico de Tempo Exterior, coordinando trece números monográficos semestrais (do nº 40 ao nº 52), promovendo a implantación do portal Open Journal Systems (OJS) e impulsando a renovación da identidade gráfica da publicación.

A partir deste número, Diego Sande Veiga asumirá a dirección da revista. O novo director traballa xa na renovación do equipo editorial co obxectivo de abrir unha nova etapa para unha publicación que forma parte da traxectoria do IGADI, fundada por Xulio Ríos desde os seus inicios na década de 1990 e que, no seu formato actual, se publica desde o ano 2000.

A publicación contou neste número co apoio publicitario do Concello de Pontevedra.

Ler máis
IGADI Curso As Nacions Unidas no mundo do seculo XXI 3a Edicion xeral

Nacións Unidas, China e o futuro da gobernanza mundial no Plan 2026 do Campus Industrial de Ferrol e o IGADI

O curso “As Nacións Unidas no mundo do S.XXI: gobernanza global, Axenda 2030 e papel de Asia” desenvolverase en tres sesións de dúas horas de duración cada unha (mércores 7, 14 e 21 de outubro de 2026, entre as 18h e as 20h) e as Xornadas abertas “Ferrol no mundo do S.XXI” (mércores 28 de outubro, 16h-20h) que na súa cuarta edición terán por tema “O diálogo Oriente-Occidente e a gobernanza mundial en transformación”.

O Curso que contará coa participación de Leticia Álvarez Reguera (Responsable de Comunicación da ONU para España e Andorra) está aberto á comunidade da UDC e á participación dos axentes económicos, institucionais e socioculturais de Ferrol e a comarca, así como á cidadanía en xeral.

As prazas son limitadas. Pode inscribirse desde esta ligazón. O IGADI emitirá un certificado de asistencia ao alumnado que completase as 10 horas de duración do curso. Para calquera dúbida ou suxerencia pode dirixirse a info@igadi.gal

As Nacións Unidas no mundo do S.XXI: gobernanza global, Axenda 2030 e papel de Asia

Mércores 7 de outubro, 18h-20hContidos
Sesión 1: O sistema das Nacións Unidas nun mundo multipolar: o papel do Sur Global   Imparte: Christoph Schreinmoser (IGADI)Evolución histórica da ONU, Transformación da gobernanza global, Crecente peso do Sur Global, Papel de Asia e China nas institucións multilaterais, Reformas e debates sobre o sistema internacional
Mércores 14 de outubro, 18h-20hContidos
Sesión 2: Axenda 2030 e gobernanza global do desenvolvemento sustentábel       Imparte: Daniel González Palau (IGADI)Orixe sistema ONU e historia e desenvolvemento Axenda 2030-ODS, O Pacto do Futuro, Papel de China e países emerxentes no desenvolvemento global…
Mércores 20 de outubro, 18h-20hContidos
Sesión 3: Traballar nas Nacións Unidas e nas organizacións internacionais   Imparte: Leticia Álvarez Reguera (Responsable de Comunicación da ONU para España e Andorra)Estrutura do sistema ONU, Axencias e organismos, Perfís profesionais, Programas de prácticas e carreiras, Experiencias profesionais
  Mércores 28 de outubro, 16h-20h
4ª Xornada “Ferrol no mundo do S.XXI: O diálogo Oriente-Occidente e a gobernanza mundial en transformación”   Relatores por confirmar

Ler máis
MARATON GALEGUIDADES 2026 1 16x9 1

A 3ª edición do Maratón de Galeguidades dará a volta ao mundo coa diáspora galega o próximo 24 de xullo

O telemaratón combinará conexións con centros e asociacións galegas de Europa, América e o Indopacífico, xunto a episodios temáticos. A Irmandade Galega de Venezuela, o Centro Galego de Barcelona ou as Asociacións de galegos de Australia e Irlanda xa confirmaron a súa participación en directo.

Xunto a eles, o Maratón incorpora unha serie de episodios de autor coordinados por iniciativas nacidas coa dixitalización e a expansión das redes sociais, espazos que favoreceron novas maneiras de asociacionismo galego na emigración e de conexión cotiá con Galicia. Xustamente cando o debate sobre o Pacto pola Lingua sitúa o foco no galego dos espazos dixitais e na poboación de fóra do país, o Maratón dálle altofalante a esas iniciativas: episodios especiais de Orgullo Galego (a maior comunidade galega en internet), o Festival Emigrason de Bruxelas, o creador de contidos en galego Olaxonmario, a plataforma de podcast Podgalego ou o xornalista de videoxogos e profesor da Universidade de Vigo, Ramón Méndez.

O Maratón de Galeguidades 2026 completarase coas Pausas de Hidratación, nas que, ademais de dar seguimento ao impacto do Maratón nas redes sociais e ao concurso dunha edición especial de 25 libros do IGADI “Ano Castelao: Buenos Aires, Quilómetro cero”, conectarase con influencers e personaxes da vida social, política e cultural de Galica, que por medio de entrevistas rápidas, achegarán a súa ollada sobre o impacto da emigración en Galicia e nas súas vidas.

A data escollida, o venres 24 de xullo, na véspera do Día de Galicia, quere dotar de contidos a relación de onte e de hoxe de Galicia coa súa emigración. Faino nun ano no que a relación de Galicia coas súas comunidades no exterior volve ao centro do debate público e cun intenso calendario electoral en América Latina. Especialmente no contexto do próximo XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas (trienal) celebrarase no Brasil o 11 e 12 de novembro.

Nun curso político de axenda internacional convulsa e cunha Galicia que proxecta cada vez máis a súa mirada cara ao Indo-Pacífico, o IGADI define o Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña como un exercicio de intelixencia colectiva e diplomacia pública para poñer en valor a diáspora galega como ferramenta de proxección internacional de Galicia.

Pode consultar toda a información na web galeguidades.hub.gal. Ligazón co Maratón de Galeguidades na IGADI TV.

Para consultas ou entrevistas pode contactar con comunicacion@igadi.gal

A edición do próximo venres 24 de xullo bebe do 1º Maratón de Galeguidades no 2024, no que realizamos conexións con 27 países dos 5 continentes, así como da 2ª edición do 2025, cando realizamos 14 episodios temáticos, preguntándonos como conectar mellor a Galicia territorial coa Galicia exterior: música, economía, redes sociais, ciencia, cultura…

Ler máis
opch estudios chinos iberoamerica

Presentamos “Os estudos chinos en Iberoamérica no século XXI” o próximo 15 de xullo

O próximo mércores 15 de xullo, ás 17:00 horas en Galicia-España (9:00 h en México), celebrarase a presentación do volume nunha sesión en liña a través de Zoom. O acto contará coa participación en directo de Raquel Isamara León de la Rosa e Francisco Haro, asesor emérito do Observatorio da Política Chinesa, quen conversarán con Daniel González Palau e co público asistente sobre os principais contidos e achegas da obra.

Para asistir á presentación é necesario rexistrarse previamente a través da seguinte ligazón.

O libro, editado polo Observatorio da Política Chinesa coa colaboración da Asociación Venezolana de Estudos sobre China, pode descargarse gratuitamente na seguinte ligazón.

Ler máis

Análise e actualidade

A información sobre a realidade nacional e internacional na túa caixa de correo

A newsletter do IGADI infórmate de todas as novos contidos na nosa web

QUERO SUBSCRIBIRME

Concello de Pontevedra
"Un presidente con cinco escanos – 2ª volta nas eleccións presidenciais de Colombia" por López Díaz, Iván
López Díaz, Iván

Un presidente con cinco escanos – 2ª volta nas eleccións presidenciais de Colombia

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Latinoamérica
Abelardo de la Espriella chegará á Casa de Nariño o 7 de agosto tras unha vitoria axustada fronte a Iván Cepeda. A súa forza electoral contrasta coa reducida bancada que o acompañará de maneira directa no Capitolio. O Congreso instalado o 20 de xullo xa lle deu unha primeira mostra do que o agarda debido a que perdeu a presidencia do Senado fronte ao candidato do uribismo. O novo presidente terá que pactar con partidos que conservan intereses propios, mentres o Pacto Histórico ocupa a primeira liña da oposición desde a maior bancada da cámara alta.
"Descubre o resultado da 3ª edición do Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña: Dimos a volta ao mundo coa nosa diáspora!" por IGADI, INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL
IGADI, INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL

Descubre o resultado da 3ª edición do Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña: Dimos a volta ao mundo coa nosa diáspora!

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O telemaratón por streaming foi conducido por Alba Mancebo e Miguel Canalejo entre as 9 e as 20 h do 24 de xullo, véspera do Día nacional de Galicia. Os protagonistas foron os Centros galegos no exterior xunto ás novas formas de organización nacidas da dixitalización. 11 horas imperdibles!
"Como conectar a Galicia territorial e a Galicia exterior?" por González Palau, Daniel
González Palau, Daniel

Como conectar a Galicia territorial e a Galicia exterior?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Rastrexando a historia do IGADI (1991-2025) obsérvase con claridade a identificación da emigración e da diáspora galega como unha dimensión esencial para pensar e crear unha política exterior galega con toda a súa potencialidade. Máis alá dos centenares de artigos arredor da cuestión nas nosas distintas publicacións, destacan iniciativas históricas, como os Foros Bilaterais (1997-2005) ou o Maratón de Galeguidades (2024-2025).
"SAIC con C de Castedo" por Ríos, Xulio
Ríos, Xulio

SAIC con C de Castedo

Galicia e China non comezan a coñecerse coa chegada dos investimentos do século XXI. Eses proxectos aséntanse sobre unha historia máis longa de curiosidade intelectual, respecto mutuo e cooperación. Hoxe, a memoria de José Castedo Carracedo (1914-1982) pode inspirar unha nova etapa na que a colaboración industrial e tecnolóxica se apoie tamén nun coñecemento recíproco máis profundo.
"Emprego de drons por organizacións criminosas: consecuencias colaterais da invasión ilegal da Ucraína." por GONZÁLEZ FRANCISCO, Luis Antonio
GONZÁLEZ FRANCISCO, Luis Antonio

Emprego de drons por organizacións criminosas: consecuencias colaterais da invasión ilegal da Ucraína.

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Cando en febreiro de 2022 deu comezo o que o presidente ruso Vladimir Putin denominou eufemísticamente «Operación Militar Especial» (OME), e que se traduciu na ocupación (a segunda dende 2014) de territorio soberano da República da Ucraína, moitas cousas cambiaron. Unha delas foi a reestructuración das arquitecturas de combate vixentes ata a data. O emprego de drones alterou completamente o teatro de operacións desbaratando o equilibrio de forzas.
"A formación universitaria en relacións internacionais e o camiño cara a integración de Galicia na Lusofonía" por Carballo Piñeiro, Laura
Carballo Piñeiro, Laura

A formación universitaria en relacións internacionais e o camiño cara a integración de Galicia na Lusofonía

A primeira promoción do Grao interuniversitario de Relacións Internacionais graduase este 2026 marcando un fito no marco do ensino galego. Esta promoción comezou a súa andaina o mesmo ano en que saíu do prelo a tan esperada Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Ga¬licia, e gradúase coa publicación da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2025-2029. O momento non pode ser mais acaído dado o contexto histórico, onde estamos a vivir unha rápida reordenación das relacións internacionais con enorme impacto no ámbito local ao que se lle deixa cunha limitada capacidade de reacción, a mercé de decisións en niveis superiores, e coa imperiosa necesidade de reorganizar as súas capacidades e potencialidades para mitigar as crises abertas e as por vir.

Rede IGADI