Últimas noticias
Galicia tece pontes co mundo e coa lusofonía a través do Convenio 2024 entre a Deputación de Pontevedra e o IGADI
Entre as actividades atopamos a actualización do estudo “A Deputación de Pontevedra e a Acción Exterior de Galicia”. Esta investigación sitúase nun momento clave, no que a Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia (2021), a entrada de España como observador na CPLP (2021) ou a recente constitución do Observatorio da Lusofonía Paz Andrade da Xunta de Galicia abren novas vías de colaboración e intercambio para Galicia.
Ademais do estudo, o proxecto tamén contempla a celebración dun webminar arredor da Acción Exterior de Galicia e as súas ligazóns coa provincia de Pontevedra. A sesión en liña, que terá dúas horas de duración, realizarase o mércores 20 de novembro entre as 18h e as 20h. Será aberto ao público, mais está especialmente dirixido aos representantes políticos e técnicos da Deputación e os Concellos da provincia. Na sesión, afondarase nas boas prácticas para os Concellos en materia de proxección exterior, ofrecendo unha panorámica sobre o marco normativo galego ou o potencial do idioma portugués como ponte cultural e comercial. Para inscribirse cómpre cubrir o seguinte formulario. Realizaranse certificados de asistencia para as persoas que participen no Webminar.
O proxecto culminará coa 2ª Gala da Lusofonía, que terá lugar o 23 de novembro no Centro Cultural da Guarda. Baixo o título “A República dos Sonhos” a gala, presentada pola xornalista Esther Estévez, combinará música, entrevistas e conexións internacionais para celebrar a irmandade entre Galicia e o mundo lusófono. Inspirada na obra da escritora brasileira Nélida Piñón, a gala explorará os soños, lendas e historias que unen ambas beiras do Atlántico, desde realidade como a emigración, a cultura ou o comercio. A Gala retransmitirase en directo pola IGADI TV (Canle de youtube do IGADI). Para inscribirse cómpre cubrir o seguinte formulario.
A través deste proxecto, a Deputación de Pontevedra dá un paso máis na proxección internacional do territorio, reafirmando os lazos coa lusofonía, un espazo de oportunidades culturais e económicas no mundo interdependente do S.XXI. Poden atopar máis información na web lusofonias.hub.gal
Pontevedra presenta o Mapa de Cidade Global: unha aposta pola proxección internacional da cidade
O Concello de Pontevedra, en colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organiza a presentación oficial do Mapa de Pontevedra Cidade Global, unha innovadora ferramenta que resalta as conexións internacionais da cidade. As persoas asistentes poderán obter un exemplar físico do mapa e acceder á súa versión dixital a través de:
A xornalista Belén López, do Diario de Pontevedra, será a encargada de conducir o acto, que contará coa participación de Anabel Gulías, Concelleira de igualdade, turismo e deporte do Concello de Pontevedra; Xan Sabarís, xornalista e responsable do deseño visual do mapa; Cecilia Novas Garrido, historiadora encargada do relato histórico do proxecto; e Daniel González Palau, director do IGADI.
Co Mapa de Pontevedra Cidade Global, a cidade pon en valor as súas raíces internacionais e a actual relevancia no escenario mundial. A iniciativa destaca a historia e as relacións de Pontevedra cos cinco continentes, explorando desde o seu patrimonio histórico e cultural, ata a súa influencia global no deseño urbano a nivel internacional no S.XXI. Con versións en galego, inglés, chinés, castelán e portugués, o mapa busca posicionar Pontevedra como un referente entre as cidades intermedias a nivel internacional.
O Mapa non só recolle as conexións históricas e culturais da cidade, senón tamén a riqueza das súas infraestruturas culturais, deportivas, académicas e empresariais, así como as figuras históricas máis destacadas que contribuíron ao perfil internacional de Pontevedra.
O proxecto, desenvolvido por Visit Pontevedra, fortalece o papel da cidade como un dos destinos clave do Camiño Portugués a Santiago e como centro de interese para o turismo 2.0. desenvolvendo ferramentas de marketing territorial e incentivando a captación de investimentos.
O Informe anual Nós No Mundo 2024 céntrase na diáspora como axente da Acción Exterior de Galicia
O Informe componse de 15 textos, coa virtude de combinar desde a pluralidade, a atención á herdanza histórica do asociacionismo galego no exterior desde o S.XIX, coas novas dinámicas e formas de organización da nosa emigración hoxe en día.
Para esta misión contamos con achegas institucionais, da Secretaría Xeral de Emigración e das forzas políticas representadas no Parlamento de Galicia, así como achegas de investigadoras e investigadores da Rede IGADI-Galicia-Mundo e da sociedade civil, académicas e académicos e representantes de centros galegos.
O Informe Nós No Mundo conta co apoio da Secretaría Xeral de Lingua e as achegas desinteresadas de todas as persoas colaboradoras.
O 25 de outubro, 2ª edición das Xornadas “Ferrol no mundo do S.XXI” centradas nas relacións entre a Unión Europea, China e Iberoamérica
Trala inauguración institucional, contaremos cunha intervención online do Embaixador da República Popular de China en España, Yao Ming. Posteriormente haberá dúas sesións temáticas con expertas nas relacións internacionais entre a Unión Europea, China, Iberoamérica e Galicia.
As segundas Xornadas Ferrol no mundo do S.XXI, foron concibidas no marco do Convenio asinado en decembro do 2022 entre a Universidade da Coruña e o IGADI para apoiar a internacionalización da UDC, especificamente a internacionalización asiática do Campus Industrial de Ferrol (CIF) e do seu Grao en Relacións Internacionais.
As Xornadas prodúcense despois da realización do Curso producido polo IGADI no CIF entre setembro e outubro “China no horizonte do S.XXI: Cultura, Sociedade e Política internacional”, no que participaron 45 persoas ao longo de tres semanas.
As Xornadas desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade de Humanidades. A entrada é gratuíta e aberta. Para máis información, poden consultar no enderezo electrónico info@igadi.gal ou no teléfono 600309066
2ª Xornadas
“Ferrol no mundo do S.XXI: China, Unión Europea e Iberoamérica no diálogo Oriente-Occidente”
Venres 25 de outubro do 2024
10:00 Sesión inaugural
Interveñen:
– Marcos Míguez, Director Campus Industrial de Ferrol.
– Ana Ares, Vicerreitora Universidade da Coruña.
– Daniel González Palau, Director do IGADI
– Patricia Cons Formoso, Concelleira delegada de Educación e Universidade, Concello de Ferrol.
– Martina Aneiros Barros, Delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.
– Javier Parrondo, Director Casa Asia (participación online).
10:30 Conferencia de apertura “As relacións UE-China-Iberoamérica: Oportunidades e desafíos”
Presenta: Daniel González Palau, Director do IGADI
Intervén: Yao Jing, Embaixador da República Popular de China en España (participación online).
10:45 1ª Sesión “As relacións Unión Europea-China-Iberoamérica”
Presenta: Christoph S. (Profesor de Dereito Internacional da Universidade da Coruña).
Interveñen:
– Víctor Cortizo, Avogado, profesor da Universidade Francisco de Vitoria. Realiza actividades académicas, comerciais e xurídicas con China dende o año 2003. Actualmente é presidente da Asociación Hispánica de estudos de China.
– Ramiro Rodríguez Bausero, Cónsul de Urguai en Galicia e investigador da ALADAA (Asociación Latinoamericana de Estudos Asiáticos e Africanos).
– Javier Borràs Arumí (intervención online), Investigador na Liña Europa do CIDOB (Centro de Información e Documentación Internacional de Barcelona).
– Raquel Isamara León de la Rosa, profesora da Benemérita Universidade de Puebla (México), Directora do Observatorio de la Política China-IGADI.
12:15 Descanso e café
12:30 2ª Sesión “As relacións de Galicia coa China”
Presenta: Raquel Isamara León de la Rosa, Directora do Observatorio de la Política China-IGADI
Interveñen:
– Daniel González Palau, Director IGADI
– Diego Sande Veiga, Profesor de Economía da Universidade de Santiago de Compostela e coordenador da Liña de investigación de Economía do IGADI
– Xavier García, Xornalista e Profesor de comunicación na Universidade Renmin de Pekín
13:30 Conclusións
Análise e actualidade
Liñas de investigación 7348
Apartados xeográficos 7348
- ARQUIVO 4322
- China e o mundo chinés 1884
- Latinoamérica 1055
- Europa 897
- Outros 709
- Oriente Medio 559
- Estados Unidos 448
- Acción exterior de Galicia 399
- Asia 368
- África 316
- Rusia 220
- Balcáns 164
- Península Coreana 118
- Nacionalismos 101
- Cooperación ao desenvolvemento 46
A información sobre a realidade nacional e internacional na túa caixa de correo
A newsletter do IGADI infórmate de todas as novos contidos na nosa web