Últimas noticias
Falamos de Europa desde Aquí: Investigación e programa na IGADI TV sobre a Unión Europea como organización internacional Glocal
Froito do traballo do Consello de Investigación do IGADI, para a comprensión orixinal da UE como unha organización internacional Glocal, constituíuse un grupo plural arredor das Liñas de Investigación do IGADI en: Unión Europea (Serafín Pazos e Paula Lamoso), Economía (Diego Sande) e Cooperación Internacional e Axenda 2030 (Tamara Espiñeira e Raquel Isamara León de la Rosa). Os Coordenadores do grupo serán Daniel González Palau (Director do IGADI) e Patricia Coloret (Responsable de RSC do IGADI), que será tamén a presentadora do programa na IGADI TV (canle de youtube do IGADI).
“A Unión Europea dende unha perspectiva Glocal” repartirase en cinco episodio, tendo como principais especialistas convidadas aos membros do Grupo de investigación do IGADI, que como nun programa de tv, contará con convidados sorpresa moi especiais. Todos os episodios serán ás 20h.
Martes, 1 de outubro, con Serafín Pazos “Que fai a UE nas rexións europeas?”
Xoves, 3 de outubro, con Diego Sande “Que son os Fondos Europeos? Como chegan a Galicia e as rexións europeas?”
Martes, 8 de outubro, con Paula Lamoso “A Acción Exterior da Unión Europea como axente global: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades”
Xoves, 10 de outubro, con Raquel Isamara León de la Rosa “A Unión Europea, América e China no século XXI”
Martes, 15 de outubro, con Tamara Espiñeira “A Unión Europea e os Dereitos Humanos”.
Podes ver toda a información do proxecto na súa web ueglocal.hub.gal e inscribirte para participar online e conseguir o teu certificado aquí.
Que son as Novas Diplomacias? Xa dispoñible o Tempo Exterior 48
Os artigos seleccionados achéganse á historia, actualidade e evolución destas novas diplomacias, así como ao seu maior protagonismo nas novas relacións internacionais. Ademais dos sete artigos enfocados na temática do monográfico, o Tempo Exterior 48 conta cunha sección de -Miscelánea arredor dos novos enfoques construtivistas en relacións internacionais, a nova sección -Eurolatam (froito do convenio de colaboración asinado coa Fundación Carolina), xunto unha recensión de –Libros que pecha o número.
Co Tempo Exterior 48 continúa a súa cuarta etapa histórica, baixo a dirección do profesor da Universidade de Vigo Celso Cancela, un Consello de Redacción composto por profesores das tres Universidades galegas e un Consello Científico composto por investigadores de 12 países de Europa, América e Asia.
O número conta co apoio publicitario do Concello de Pontevedra e a colaboración da SX de Política Linguística da Xunta de Galicia. Descarrégao aquí.
Así foi o Maratón de Galeguidades
Xa podes ver na nosa canle de Youtube, a IGADI TV, o Maratón de Galeguidades, programa de televisión por internet da Deputación da Coruña, co que percorrimos 27 Estados dos 5 continentes, uníndonos ás celebracións polo Día nacional de Galicia.
Plan 2024 Campus Industrial de Ferrol-IGADI: Aberta a matrícula do Curso “China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional” (setembro-outubro)
A presenza do IGADI no Campus Industrial de Ferrol (CIF) reforza o traballo do Plan estratéxico do CIF 2021-2026, colaborando na súa internacionalización, apoiando o traballo arredor da Axenda 2030 e achegando valor específico ao Grao en Relacións Internacionais, que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación dende o curso 2022/2023.
O Plan 2024 CIF-IGADI
No marco das actividades para o 2024, ademais da continuidade do IGADI no Edificio de Apoio ao Estudantado do Campus de Ferrol, organizouse un Curso de Introdución a China de 6 horas de duración. A matrícula para o Curso “China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional”, que se desenvolverá entre setembro e outubro na Facultade de Humanidades, xa está aberta. Podes consultar aquí o programa e os detalles do Curso e inscribirte desde esta ligazón.
China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional
1ª Sesión, Mércores 25 de setembro, 18h-20h
Introdución á sociedade, cultura e lingua chinesa – mandarín
Ponente: Modesto Corderi Novoa.
Doutor en Lingüística Aplicada-Adquisición de Linguas en Contornas Multilingües pola Universidade do País Vasco UPV EHU. Máster en ensino chinés e licenciado en filoloxía chinesa aplicada ao comercio internacional pola Universidade de Lingua e Cultura de Pequín BLCU. Profesor de chinés na Escola Oficial de Idiomas da Coruña, funcionario de carreira. Bolsa en China da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Instituto Confucio. Foi profesor na Universidade Tsinghua de Pequín, no Instituto Cervantes de Pequín e na Universidade George Washington de Washington, D.C.(EE.UU)
Obxectivos específicos da Sesión:
• Aproximación básica á sociedade, cultura e lingua chinesa – mandarín
• Introdución ó sistema de tons e ós caracteres chineses
• Aproximación á Gramática chinesa
• Situación actual e prospectiva no horizonte do S.XXI do mandarín no mundo
2ª Sesión, Mércores 2 de outubro, 18h-20h
Protocolo e diferenzas culturais entre China e occidente.
Ponente: Jia Bai Hui
Doutoranda en Estudos da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor asistente de conversación do Ministerio de Educación na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Profesora de chinés no programa Aulas Confucio da Junta de Andalucía. Máster en Tradución pola Universidade de Estudos Estranxeiros de Tianjin. Dobre licenciatura en Filoloxía Hispánica pola Florida International University FIU e Qingdao University.
• Presentación das diferenzas culturais entre China e occidente
• Introdución ó protocolo básico chinés
3ª Sesión, Mércores 9 de outubro, 18h-20h
China no mundo do S.XXI: Novas Rutas da Seda e a Comunidade de Destino Compartido
Poñentes: Marola Padín Novas, Daniel González Palau e Andrés Raggio Souto
Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de Taiwán (Taipei). Foi Investigadora Visitante na Academia Chinesa de Ciencias Sociais a (CASS) e profesora visitante na Universidade Normal de Jiangsu. Colaboradora con diversos think tanks (Comunidade Atlántica) e en diferentes medios.
Daniel González Palau é o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). É o editor do IGADI Annual Report desde a súa 13ª edición no 2018-2019.
Andrés Raggio Souto ( 安 德 烈 ), Dr (c) en RRII, USAL, Sec. Xeral. ALADAA Internacional (Asociación Latinoamericana de Estudios de Asia y África), Investigador Aso. en Asuntos Asiáticos, Secretaría Xeral da FLACSO (Intervención online)
Obxectivos específicos:
● Aproximación á historia das relacións internacionais chinesas.
● Introdución ás Novas Rutas da Seda e a Comunidade de destino Compartido.
● Visión comparada das relacións UE-China, América Latina-China.
Destinatarios: Comunidade da Universidade da Coruña e o Campus Industrial de Ferrol (estudantes, profesorado e PAS) e axentes institucionais, económicos e socioculturais de Ferrol.
Localización: Facultade de Humanidades
Inscricións: Gratuítas (preferencia para o alumnado da UDC). Cubre o formulario en liña desde esta ligazón. Para consultar calquera dúbida podes dirixirte a: info@igadi.gal
Certificado: O IGADI emitirá un certificado de asistencia ao alumnado que completase as 6 horas de duración do curso.
Por último cómpre informar que o Plan 2024 dará continuidade as Xornadas “Ferrol no mundo” (podes ver neste enlace as primeiras Xornadas), que na súa segunda edición (programadas para o venres 25 de outubro) terán por título “A Unión Europea e o diálogo Oriente-Occidente”. Proximamente farase público o seu programa, que contará co apoio de Casa Asia.
Análise e actualidade
Liñas de investigación 7312
Apartados xeográficos 7312
- ARQUIVO 4322
- China e o mundo chinés 1877
- Latinoamérica 1052
- Europa 886
- Outros 707
- Oriente Medio 558
- Estados Unidos 444
- Acción exterior de Galicia 389
- Asia 366
- África 313
- Rusia 218
- Balcáns 164
- Península Coreana 118
- Nacionalismos 100
- Cooperación ao desenvolvemento 46
A información sobre a realidade nacional e internacional na túa caixa de correo
A newsletter do IGADI infórmate de todas as novos contidos na nosa web