Leer el artículo en castellanoPresencia-OpiniónVolver ó índice / Europa
Palabras, valores, ideas
Por Félix Soria (Canal Mundo, 28/05/2002)
 
 

O ascenso electoral de mensaxes políticos coma os do holandés Fortuyn, o italiano Fini ou o francés Le Pen motivan que analistas de distinto signo e escola conclúan que nos últimos anos as posicións ideolóxicas de ultradereita gañan adeptos en Europa occidental. Con relación a ese fenómeno, recentemente e de forma acertada, nun texto de Sylvia Gómez Saborido (publicado en A Nosa Terra e polo Igadi) se alude, entre outros aspectos, á “perversión da lingoaxe política dominante”.

En efecto, a solidez e os éxitos económicos, políticos e sociais da clase dirixente occidental –na que é obrigado incluir aos ideólogos e aos líderes electorais da chamada ultradereita- están baseados en gran medida na manipulación da lingoaxe e, en consecuencia, das ideas e dos valores.

Os informadores e os creadores de opinión menos intelixentes siguen recurrindo aos trucos máis burdos; por exemplo, lembran constantemente que o líder de IU, Llamazares, foi un cadro comunista; resaltan con aviesa intención que tal ou cal dirixente do PSOE ergueu o puño nun acto público, ou insisten unha e outra vez en que a UPG é unha organización de extracción ou orixe marxista leninista. Pero esas tácticas se revelaron contraproducentes e se impoñen novas técnicas e recursos, tanto para xerar fobias como para reforzar creenzas (entendidas estas como a antítese dos razonamentos).

É imposible tratar con suficiente rigor esos fenómenos nun artigo periodístico, polo que me limitarei a mencionar dous exemplos de manipulación, ambos referidos á inmigración; que é, quizáis, o asunto “mellor” utilizado á hora de xerar actitudes de autoprotección e rabiosamente conservadoras.

Primeiro exemplo: As teses xenófobas que defenden sen ambaxes certos candidatos electorales mereceron comentarios como este: “Le Pen se atreve a dicir en voz alta o que moitos franceses piensan”. Esta observación, enunciada fora de contexto, sen apostillas e a modo de reflexión xenérica, concita que milleiros de cidadáns mal informados e sen referencias ideolóxicas sólidas acaben crendo (que non razoando) que os postulados de Le Pen son lóxicos dende unha óptica cultural e económica, e incluso humanamente lexítimos e comprensibles.

Segundo exemplo: Milleiros de subsaharianos e norteafricanos deciden xogarse a vida e navegan ata as costas andaluza ou canaria a bordo dunha “pateira”. Pois ben, segundo a maioría de informadores e creadores de opinión europeos, esa decisión é consecuencia directa da miseria e/ou do desgoberno imperantes en países como Marrocos, Serra Leona ou Mali. Paradoxal e significativamente, a maioría das crónicas e textos de opinión publicados nos medios de comunicación europeos rara vez mencionan a ausencia de equidade no comercio internacional, a infravaloración económica que Occidente fai dos productos agropecuarios, ou o control financeiro que inversores e empresas occidentais exercen na maioría de países do Terceiro Mundo ou en vías de desenvolvemento. De modo que o cidadán medio europeo acaba convencido de que a inmigración “suicida” e o tráfico de man de obra barata son males incontrolables, inevitables e que, en todo caso, son froito de problemas e iniquidades alleas a Occidente.
Ten razón Sylvia Gómez Saborido: Hai manipulacións, pero a máis efectiva e demoledora de todas elas é a manipulación informativa.

Le Pen, Fini, Fortuyn, Haider e nalgúns aspectos Chirac, Berlusconi, Aznar e incluso o laborista Blair, fan análises e proponen solucións inequívocamente xenófobas. Sen lugar a dúbidas, nalgunhas ocasións e en casos concretos as actitudes deses e outros gobernantes carecen de maldade; cabe recoñecer, incluso, que cando Blair propón a intervención do Exército para pechar fronteiras terrestres e marítimas se limita a interpretar correctamente o que pensa ou o que sinte un amplo sector da cidadanía. Pero esas e outras consideracións non xustificarían a preocupante ausencia de rigor e o acriticismo dunha cada vez máis alta porcentaxe de informadores e creadores de opinión, que non soamente manipulan consciente ou inconscientemente a lingoaxe, senón que ademáis se están convertindo en meros reproductores de crenzas. Insisto: ¡crenzas!, sen ideas, sen razonamentos.

A ultradereita gaña adeptos, é verdade; pero as bases do seu éxito non están na súa intelixencia nin no seu rigor, senón na debilidade ideolóxica da cidadanía, adocenada pola profusión de mensaxes simplistas e mixtificadores.

Case nada é casual, case ninguén é iñocente. Se de por coto á ultradereita se trata, os políticos teñen a súa cuota de responsabilidade; pero tamén a teñen os sindicalistas, os dirixentes de entidades civís de todo tipo, os demócratas consecuentes en xeral, os namorados da tolerancia e ¡tamén os periodistas!

¿Qué facer? Ante todo, pensar sen medo.

 
 

Félix Soria é colaborador do IGADI.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/05/2002