Presencia-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio
Ameaza mundial de EEUU
Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 09/05/2004)
 
 

Nunha sondaxe feita polo canal internacional de noticias BBC World sobre cales son hoxe os maiores problemas da humanidade, o 52 por 100 apuntou á potencia americana e ó proceso de globalización, seguidos de preto pola corrupción. A guerra e o terrorismo veñen en terceiro lugar.

O xefe de sondaxes e planificación de BBC World, Jeremy Nye, sinalou: “Sorprendeunos que as potencias mundiais e a corrupción ocupasen os primeiros lugares”, engadindo que se investigará se estes resultados son consecuencia da actualidade mundial de hoxe, ou se tamén se proxectan a longo prazo.

Que os EEUU representen unha ameaza para a humanidade moito maior que a guerra e o terrorismo non debe sorprender tanto tendo en conta tan só o seu apoio ó xenocidio palestino e o que directamente eles están practicando en Iraq, segundo se vai sabendo. Así as cousas, é lóxico que outra enquisa internacional da BBC poña de manifesto que está medrando en todo o mundo o resentimento contra os EEUU Beirut, Vietnam, Somalia, Iraq... sempre o mesmo e a peor.

 
 

Xosé Luis Franco Grande é escritor.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/05/2004
Fernando Pol