Presencia-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio
Unha sondaxe
Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 19/09/2004)
 
 

Unha recente sondaxe do prestixioso Pew Research Center suxire que o 46% dos americanos pensa que a política estranxeira e o terrorismo son os problemas máis importantes do seu país, contra o 26% que pensa que o é a economía. Para o 76% dos consultados, os EEUU son menos respectados no mundo e un 49% contra un 37% cre que cómpre ter en conta os intereses dos aliados.

Para algunha prensa estranxeira, eses indicadores suxiren, por vez primeira despois de Vietnam, que a opinión pública naquel país toma moi en conta as relacións internacionais, e que en certa maneira bate xusto coa dos que desaproban a política de Bush (52%), ou que a xulgan pouco clara (58%).

Novembro aínda está lonxe. Pero eses indicadores parecen agoirar que algo se move na sociedade americana, moi a modo, é certo, pero que se aluca un certo movemento en contra da política de Bush. E que vai indo a máis. Confiemos que sexa verdade o dito de Pío Baroja: non se pode basear nada na mentira. Como moi ben sabemos nós.

 
 

Xosé Luis Franco Grande é escritor.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/10/2004
Fernando Pol