Presenza-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio
O espiñento camiño de Damasco
Por Roberto Mansilla Blanco (Xornal, 08/03/2005)
 
 

  Clic para aumentar
No escenario actual, Bashar al Assad baralla poucas alternativas políticas. A súa única sáida diplomática semella ser Irán, precisamente outro dos obxectivos estadounidenses, plasmado no particular “eixe do mal”. O discurso de Bush en xaneiro pasado ante o Congreso, onde explicou as directrices da súa política de “acabar coas tiranías”, apuntaba directamente, entre outros escenarios, a Siria e Irán. Semanas despois, o asasinato do ex primer ministro libanés Rafik Hariri automáticamente impulsaron as presións contra a presunta culpabilidade siria.
 
O réxime de Bashar al Assad en Siria, hoxe na mira xeopolítica de Washington, París e Tel Aviv pola crise libanesa, sinte en carne propia o risco de acabar como o de o seu veciño Saddam Hussein en Iraq. Así o manifestou o propio Bashar a un diario italiano. En Damasco, como tamén en Beirut e Teherán, semella chegada a hora dun escenario inquietante.

Poucas dúbidas quedan agora da apresurada política unilateral da administración Bush en Oriente Medio. En Washington, os estrategas das guerras de Iraq e Afganistán ven agora propicio o momento da “expansión democrática” na convulsa rexión. Cómodos tralas transicións en Iraq e Palestina e alentados polos movementos cara unha maior democracia en Exipto e Arabia Saudí. Todo obedece aos parámetros do plan para o Gran Oriente Próximo, concebido polos chamados “neoconservadores” e que abarca unha axenda de transformación política dende Marrocos ata Paquistán, coma se dun guión se tratara. Evidentemente, o gran interese deste plan se concentra na rexión do Mashrek, o espazo xeopolítico composto por Siria, Líbano, Israel, Palestina, Iraq, Irán, Exipto e o Golfo Pérsico.

Nesta perspectiva, o illamento sirio vense manifestando dende o final da guerra de Iraq no 2003, aínda que cabería tamén a posibilidade de remontalo á desintegración da URSS en 1991. O réxime soviético significou unha xanela importante para o goberno de Hafez al Assad, antecesor do seu fillo Bashar. Pero é coa caída de Saddam Hussein cando en Damasco sonaron as alarmas, alén de que a confusa irmandade ideolóxica do partido Ba´ath fora a mesma que gobernara en Bagdad.

Siria é un país acosado pola presenza militar estadounidense e dos seus aliados. Tropas anglo-norteamericanas en Iraq e o Golfo Pérsico e a constante intimidación do Exército israelí (aínda que este abandonara o Líbano no 2000), supoñen razóns permanentes de coacción. Do mesmo xeito, ao norte aparece Turquía, potencia militar vencellada aos imperativos de seguridade occidentais, especialmente estadounidenses, e que non conserva exactamente as mellores relacións con Damasco, debido a disputas históricas territoriais e posicións xeopolíticas. Desde 1996, Turquía é un firme aliado militar israelí e nos derradeiros anos, o goberno turco acusou ao sirio de albergar militantes do partido kurdo PKK, así como hoxe Washington fai o mesmo con Bashar,ao acusalo de protexer a elementos da insurxencia iraquí. Só trala detención do líder kurdo Abdallah Oçalan en 1999 se aplacaron as demandas turcas. Hoxe, para aplacar a enorme presión na súa contra, o goberno de Bashar entrega ás autoridades iraquís a un parente de Saddam, acusado de dirixir aos insurxentes iraquís dende a veciña Siria.

Pero no escenario actual, Bashar al Assad baralla poucas alternativas políticas. A súa única sáida diplomática semella ser Irán, precisamente outro dos obxectivos estadounidenses, plasmado no particular “eixe do mal”. O discurso de Bush en xaneiro pasado ante o Congreso, onde explicou as directrices da súa política de “acabar coas tiranías”, apuntaba directamente, entre outros escenarios, a Siria e Irán. Semanas despois, o asasinato do ex primer ministro libanés Rafik Hariri automáticamente impulsaron as presións contra a presunta culpabilidade siria. Nembargantes, a credibilidade destas acusacións non son elevadas precisamente porque, nestes momentos, a quen menos lle interesaba un atentado así era ao goberno dun país como Siria, illado e debilitado na súa influenza rexional. Todo isto a pesar de que Hariri ben podía considerarse un político incómodo para os intereses sirios no Líbano.

A manifestación en Beirut do luns 28 de febreiro, que provocou a dimisión do primeiro ministro Omar Karame e unha crise socio-política interna, anuncia un proceso moi similar aos acontecementos rexistrados en Kiev durante os días da “revolución laranxa” do 2004. En Beirut xa denominan ao proceso “a revolución dos cedros”.

Isto anuncia unha máis que probábel perda de influenza siria na futura política libanesa, completada pola retirada militar dese país, anunciada por Bashar “para os próximos meses” e que xa se iniciou. Pero as tensións internas entre Bashar e o estamento militar poden estourar perigosamente. Dende Israel tamén afloran os tambores belicosos. O atentado de Tel Aviv reivindicado polo grupo palestiniano Yihad Islámica, foi ben utilizado polo goberno de Ariel Sharon para inculpar ao grupo libanés Hezbollah, inimigo irreconciliábel israelí, supostamente amparado por Siria e Irán. Polo tanto, o cálculo político cadraba ben para Washington e Tel Aviv nun escenario aínda claroscuro.

Será o que acontece no Líbano o verdadeiro “camiño de Damasco”? EEUU, Francia e os aliados occidentais semellan querer facer do “país dos cedros” o “laboratorio” da expansión democrática en Oriente Medio. Para Israel, debilitar a Siria significa colocar fora de combate a un dos seus principais inimigos históricos. A Bashar e a Siria, poucas cartas lles quedan por xogar.

 
 

Roberto Mansilla Blanco é investigador do IGADI.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/03/2005
Fernando Pol