Presenza-Opinión / Oriente Medio ![]() ![]() |
||||||||
Sen saída no Iraq Por Lino Pellitero (A Nosa Terra, 16/11/2006) |
||||||||
Na verdade, ningunha das tres falsidades foi a que destapou a maldición de Bagdad que persegue aos seus protagonistas, escenificados no Cumio das Azores. O infortunio electoral que se foi cebando sobre os seus principais actores: Durao Barroso, J.M. Aznar, S. Berlusconi , W. Bush . Xa ten as súas gadoupas afiadas para dirixirse e Tony Blair. O legado das Azores deixa en herdanza un mundo menos seguro, máis violento e tan inxusto como antes. Dende moito antes da debacle electoral de Bush, xa o goberno norteamericano estaba a reformular aqueles principios nos que baseou os fundamentos doutrinarios do modelo Unilateral- Preventivo. Antes do verán no pentágono fixera unha revisión das Estratexia de Seguridade Nacional de 2002, onde estaban reflectidas as verdadeiras causas da Guerra de Iraq. Sen escurantismo algún, no documento expresaba a necesidade de ocupar novas posicións xeoestratéxicas no Oriente Medio por razóns múltiples como encher o espazo que deixou a e antiga URSS, ou o achegarse aos centros neurálxicos dos recursos enerxéticos fósiles. A medida que se complicaba o escenario na guerra de Iraq, George W. Bush, mentres teimaba publicamente en repetir as mesmas consignas, comezaba a reunirse con diferentes expertos en Oriente Medio. Cunha situación de violencia crecente e con datos enriba da mesa que falaban de, polo menos, 3000 mortos iraquís no mes de xullo, e 164 soldados estadounidenses, pasou boa parte das vacacións tratando de reformular, xa non os principios doutrinarios, senón a propia estratexia da guerra que se encamiñaba cara un punto sen retorno. Ningún dos tres grandes trofeos de guerra, que trataron de visibilizar publicamente como decisivos para a resolución do conflito tiveron os efectos agardados. Nin a captura de Sadam Husein, nin a eliminación de Abu Musab Al Zarqawi, nin a condena a morte de Propio Sadam Husein influíron na minga da violencia. Tampouco os presentados como os tres grandes cambios políticos-adminitrativos tiveron os efectos desexados
na normalización democrática. Nin a transferencia tutelada do poder aos iraquís, nin a formación
dun goberno de coalición, nin a creación dun tribunal especial iraquí encargado do xuízo
de Sadam Husein e dos seus colaboradores. Se en febreiro de 2006 EEUU traballaba coa hipótese de que non podería retirar as súas
tropas antes do 2009, agora coa perda do control do congreso e o senado, vai ser moi difícil que Bush poida
manter o mesmo rumbo de ocupación ata as eleccións presidenciais de 2008. Probablemente unha saída das tropas estadounidenses consolidaría unha partición que xa está patenta na actualidade. Tanto a comunidade Kurda, como a xiíta, coma a sunnita posúen milicias armadas que operan nas súas respectivas áreas. Vai ser realmente complicado que poidan coincidir nunhas nas fronteiras, sen que se desate unha guerra civil. No que non hai discrepancia algunha entre xiítas. Kurdos e sunnitas é en querer ver as forzas de ocupación fora das fronteiras do actual Iraq. |
||||||||
|
||||||||
![]() ![]() |
||||||||
![]() Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 17/11/2006 |
||||||||
|