Presencia-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Baixo sospeita
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 26/06/2006)
 
 

  Patrick Leahy, clic para aumentar
É lóxico que o senador demócrata, Patrick Leahy, dixera que “cómpre saber que está facendo o noso goberno para espiar aos estadounidenses”.
 
Son moitas irregularidades xuntas: voos secretos de avións da CIA, torturas sen control e ao abeiro de decisións presidenciais tamén sen control, espionaxe telefónico, limbos legais, espionaxe económico... Unha democracia onde tal ocorre non pode estar senón baixo permanente sospeita.

É lóxico que o senador demócrata, Patrick Leahy, dixera que “cómpre saber que está facendo o noso goberno para espiar aos estadounidenses”. As explicacións de Cheney, e outros, non dan razóns e só se limitan a dicir que as decisións son legais porque non tenden máis que a mirar pola seguridade dos cidadáns.

Primeiro creouse o medo e logo a inseguridade. E a xente creu no primeiro e acreditou na segunda. E xustifica calquera medida se os libera de ámbolos dous. Pero unha democracia baixo sospeita pode chegar a ser dubidosa. E se esas medidas seguen, á parte do efecto dominó que ao cabo teñen, é claro que o risco de golpe de estado permanente é un feito. E a democracia, que tanto ten custado e custa ir construíndo, vai recuar.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/06/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta