Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Cústalles aprender
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 27/02/2006)
 
 

  Partidarios de Hamas, clic para aumentar
Se queremos que Hamas se democratice e sexa interlocutor válido, o camiño é a política e nunca a prepotencia, a presión internacional, levalos á mesa de negociacións convencéndoos de que non teñen outro camiño. Por suposto que é difícil, pero para esas ocasións están os políticos. (Foto: Partidarios de Hamas).
 
Así como ninguén pon en dúbida o triunfo democrático de Hamas, outros hai que, non sen razón, pensan que lonxe de promover a democracia o que fará é acabar con ela. E lémbrannos os exemplos de Hitler, do Irán de Jomenei ou de Alxeria. A súa actuación ata hoxe non deixa lugar a dúbidas en canto a que a democracia non é o seu.

Pero, aínda pensando así, o absurdo é o proxecto americano de afogar aos palestinos por calquera medio, non só o económico, misión a que se consagrou nestes días a señora Rice cos seus contactos sobre o terreo en certos países. Porque xusto iso, como é natural, é que determinará a persistencia do terrorismo.

Se queremos que Hamas se democratice e sexa interlocutor válido, o camiño é a política e nunca a prepotencia, a presión internacional, levalos á mesa de negociacións convencéndoos de que non teñen outro camiño. Por suposto que é difícil, pero para esas ocasións están os políticos. Tantas leccións terán que aprender uns como outros. Por máis que a todos lles custe aprender.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/03/2006
Fernando Pol


Subir