Presenza-Opinión / Oriente Medio
|
||||
Morra a intelixencia Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 29/05/2006) |
||||
O primeiro que un se pregunta é a quen benefician eses feitos. Non á resistencia, dende logo. Nin ás forzas relixiosas que viven en permanente tirapuxa. Nin tampouco, de primeiras, poden beneficiar aos invasores. ¿Quen se beneficia, pois, dunhas mortes tan selectivas? ¿Que se procura con elas? A resposta é moi difícil, cunha mínima seguridade. Pero a min paréceme que Richard Becker pode ter razón cando sinala que toda a política USA dos últimos quince anos, incluídas as mortíferas sancións a Iraq, non tiña outro obxectivo que facer deste un país feble, dividido e, por iso mesmo, máis doadamente explotable nos anos vindeiros. Unha boa maneira de debilitar a país é xusto descabezar a súa Universidade. |
||||
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||
|
||||
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 31/05/2006 |