Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Nin quedarse nin irse
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 15/05/2006)
 
 

  Soldado EEUU, clic para aumentar
Algúns pensan que os invasores vense recluídos e illados nesas bases porque a resistencia lle impide toda acción fóra delas. Son as únicas áreas que controlan no país. O cal á súa vez, dise tamén, quere dicir que os invasores están metidos nunha trapela de difícil saída, pois malo se quedan e malo se, nas circunstancias actuais, se van. En calquera caso, o fracaso USA non pode ser máis humillante.
 
Máis de mil cen millóns de dólares gastou xa EEUU en instalacións militares en Iraq, o que parece contradicir as reiteradas afirmacións oficiais de que non teñen intención de establecer alí bases permanentes. Recentemente, ademais, así o expresou a France Presse o embaixador en Bagdad, Zalmay Jalilzad.

Aos dez días da invasión, The New York Times xa dixera que a mesma tiña por finalidade garantir as bases militares que lle permitisen proxectar a súa influencia no Oriente Medio, e aludía xa a catro delas moi importantes. Non se trata, pois, de nada novo. Unha cousa é o que se di e outra o que se fai.

Pero algúns pensan que os invasores vense recluídos e illados nesas bases porque a resistencia lle impide toda acción fóra delas. Son as únicas áreas que controlan no país. O cal á súa vez, dise tamén, quere dicir que os invasores están metidos nunha trapela de difícil saída, pois malo se quedan e malo se, nas circunstancias actuais, se van. En calquera caso, o fracaso USA non pode ser máis humillante.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/05/2006
Fernando Pol


Subir