Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
O humor de mrs Rice
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 13/02/2006)
 
 

  Condoleezza Rice, clic para aumentar
Mrs Rice non lembra, ou prefire non facelo, que aínda está viva unha invasión ilegal dun país musulmán, que existe a ocupación de Palestina, que o Iraq vai quedar envelenado para miles de anos, que os intereses petroleiros do seu país, e doutros, levan á espoliación, á depredación e ao asoballamento dos países árabes e musulmáns.
 
O tempo vai confirmando a miña sospeita, exposta aquí máis dunha vez, de que mrs Rice non ten moitas luces. E agora parece engadir unha eiva máis: ser discípula de Huntington, que era o que lle faltaba. Pois, segundo dixo, a revolta do mundo musulmán por mor das caricaturas de Mahoma é unha esaxeración do fanatismo.

Mrs Rice non lembra, ou prefire non facelo, que aínda está viva unha invasión ilegal dun país musulmán, que existe a ocupación de Palestina, que o Iraq vai quedar envelenado para miles de anos, que os intereses petroleiros do seu país, e doutros, levan á espoliación, á depredación e ao asoballamento dos países árabes e musulmáns.

Pero non, a súa conciencia queda máis en paz lembrando as relambidas e resesas teorías de Huntington: dese xeito, oculta os problemas reais que están á vista de todo o mundo co fume dunhas elucubracións anticuadas nas que xa ninguén cre –pode que nin o propio teorizador–, pero que lle serven para seguir mentindo e ocultando a triste realidade do Oriente Medio.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/02/2006
Fernando Pol


Subir