Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
Outra de Bush
Por Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 28/09/2006)
 
 

  Scott Bloch, clic para aumentar
Scott Bloch, o conselleiro especial nomeado por Bush no 2004 como xefe da Oficina do Conselleiro Especial, fixo e fai todo o que pode para que os casos non se investiguen, para que non se teñan en conta ou para que obteñan resolución favorable, actitude que lle supuxo xa varias denuncias, incluso do persoal da propia Oficina.
 
A última de Bush, por agora, e que eu saiba, é o seu propósito de eliminar a figura do “whistleblower”, ou sexa, unha institución ben democrática que protexe aos funcionarios públicos que denuncien delitos de fraude, corrupción e abusos de poder. É a chamada Oficina do Conselleiro Especial (OSC, nas súas siglas inglesas), e que, ademais, ten a obriga de investigar os casos denunciados.

Na actualidade, non se investigan as denuncias (só un 1,5% no ano 2004) e máis de 1.000 delas din que nin sequera foron abertas. Scott Bloch, o conselleiro especial nomeado por Bush no 2004 como xefe da Oficina do Conselleiro Especial, fixo e fai todo o que pode para que os casos non se investiguen, para que non se teñan en conta ou para que obteñan resolución favorable, actitude que lle supuxo xa varias denuncias, incluso do persoal da propia Oficina.

É máis: demostrou unha actividade moi intensa na persecución de empregados gais da súa Oficina, incluído o despido, pero á par de todo iso négase a investigar casos de discriminación con fundamento na orientación sexual. E soubo significarse na contratación ao marxe da lei, é dicir, sen licitación: o escándalo chegou ao Senado, e foi obxecto de investigación por un subcomité do mesmo, pero ao día de hoxe non se coñece resolución ao respecto.

Outra de Bush, dicimos, porque o suposto ilustra moi ben a súa mentalidade cobizosa de máis poder, en realidade dun poder absoluto, e a súa consecuencia obrigada: o noxo a calquera crítica. Que non houbo outro presidente no país que dispuxese dun poder tan absoluto, ninguén o nega. O poder que reclama para si é o propio dos estados de emerxencia, en realidade do estado de excepción permanente, que el e os seus neocons defenden. Ou sexa, o contrario da democracia.

Pero tampouco lle abonda con ter o poder de que xa viña dispoñendo, senón que interpreta, unha e outra vez, que os amplísimos poderes que lle foron conferidos por mor do 21-S lle permiten prescindir sen máis das preceptivas autorizacións que lle foron conferidas polo Congreso co gallo de ser “un presidente en guerra” e deixar de esguello canta institución e canta norma se presente, ou el xulgue, como atranco no seu camiño. ¿Hai diferenza entre esa actitude e aquela que vía no Führer o principio do que dimanaban todos os dereitos?

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/10/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta