Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Potencias… ou impotencias europeas?
Por Xosé Manuel Figueiras (PequenEuropa, 23/08/2006)
 
 

  Desembarco tropas francesas UNIFIL no Sur de Líbano, clic para aumentar
Os italianos e os franceses afirman que algunhas das cláusulas (a pesares de que foron parcialmente escritas por Francia) non son o suficientemente explícitas. (Foto: Desembarco de tropas francesas da UNIFIL en Naqoura, ao Sur de Líbano, o sábado 19 de agosto de 2006).
 
Nacións Unidas quere expandir as súas forzas de paz no Líbano (Unifil) de 2.000 efectivos a 15.000. Francia, esa disque “potencia” que non sinte aversión polo protagonismo e que levou adiante a tímida expresión da impotencia europea durante estes días de bombardeos do país fenicio, debía que tirar do carro co envío de 2.000 soldados, pero reduciu a súa oferta a 200.

Cando que facía falla mediar co envío de soldados que disuadan ás dúas partes involucradas de reiniciar o conflicto, deíxase caer o proceso na incerteza. E todo porque que as propias tropas, e os respectivos candidatos electorais, non corran riscos. Os mortos sempre teñen que pertencer a outra nacionalidade. É unha gran máxima da política.

Mentres tanto Israel impón a súa axenda co beneplácito dos EEUU, e as tropas da ONU non deberían ir mediar, senón desarmar á parte máis débil, os veciños de Hezbolà.

Os europeos non queren baixas pero tampouco queren enfrontarse con Israel. E por iso din que o mandato de nacións unidas non é o suficientemente claro e vinculante.

O eixo franco-alemán está capado. Os alemáns non participan porque non queren ter que pegar un tiro (como se a situación que se presenta fose a mesma do pasado) contra un israelí, a pesares de que iso poida impedir unha maior matanza.

Os italianos e os franceses afirman que algunhas das cláusulas (a pesares de que foron parcialmente escritas por Francia) non son o suficientemente explícitas.

España, Bélxica, Polonia, Grecia e Portugal teñen que estudiar plans operacionais e deseñar as liñas estratéxicas antes de meterse na “mêlée”. E uns por outros, a casa sen varrer. Parece ser que a batuta lle corresponderá finalmente a Italia, que anunciou onte que cumprirá cos seus deberes. Iso si: Italia cumprirá coa súa misión no cadro dunha estratexia mundial, e de aquí se verá o rol que Italia pode asumir. Así que de estratexia europea, NADA.

 
 

Xosé Manuel Figueiras,
analista do Igadi.

Xosé Manuel Figueiras, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/08/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta