Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
A decisión de Italia
Por Xulio Ríos (AGN, 10/04/2006)
 
 

  Propaganda electoral, clic para aumentar
A variña máxica do presidente da “empresa Italia”, como el mesmo gusta salientar, non é outra que a posesión do 90% do mercado televisivo (Mediaset é da súa propiedade e na estatal RAI fai e desfai con notable liberdade). El, que acusou aos comunistas chinos de ferver nenos para utilizalos como abono, é o inspirador, en palabras do xornalista americano Alexander Stille, dunha auténtica revolución cultural silenciosa. Segundo o ranking internacional da organización Freedom House, a liberdade de prensa en Italia está ao mesmo nivel que Mongolia. Umberto Eco equipara a situación italiana a un goberno en mans dos medios, entregados a unha estratexia de encantamento alienante da sociedade italiana.
 
O resultado das eleccións lexislativas italianas agárdase con comprensible expectación. Sorprende que a longa campaña vivida servira de tan pouco para convencer aos electores indecisos, arredor dun vinte por cento que chega ao trinta, segundo outras fontes. É dificil saber como influíron neles os derradeiros debates, especialmente o celebrado o pasado 3 de abril, e as penúltimas promesas dos candidatos. En Italia está prohibida a publicación de sondaxes dende finais de marzo. Nesa altura, a vantaxe do centro esquerda era de 3 a 5 puntos.

Un día envolto en peripecias alopécicas, outro en halos mesiánicos propios da peor tradición vaticana, por Europa adiante case ninguén toma en serio a Berlusconi. Teatreiro e demagogo onde os haxa, entre a indignación e a risa, os ambivalentes sentimentos dos italianos tradúcense en curiosa incapacidade para discernir ou apatía.

Berlusconi, o home máis rico de Italia, segundo a revista Forbes, cunha fortuna estimada en 12 mil millóns de dólares, goza entregado á escenificación, pero, medio en serio medio en broma, despois de Mussolini, é o primeiro ministro italiano que leva máis tempo no poder. Nos últimos cinco anos, esa posición foi utilizada de forma escandalosamente abusiva para ir gañando sempre máis poder, todo o suficiente para ir esquivando a xustiza de forma vergoñenta e evitar ser investigado polas múltiples irregularidades denunciadas.

A variña máxica do presidente da “empresa Italia”, como el mesmo gusta salientar, non é outra que a posesión do 90% do mercado televisivo (Mediaset é da súa propiedade e na estatal RAI fai e desfai con notable liberdade). El, que acusou aos comunistas chinos de ferver nenos para utilizalos como abono, é o inspirador, en palabras do xornalista americano Alexander Stille, dunha auténtica revolución cultural silenciosa. Segundo o ranking internacional da organización Freedom House, a liberdade de prensa en Italia está ao mesmo nivel que Mongolia. Umberto Eco equipara a situación italiana a un goberno en mans dos medios, entregados a unha estratexia de encantamento alienante da sociedade italiana.

Pouco importa que Italia estea á cola de Europa en crecemento ou que as súas espectativas de vitoria electoral dependan do entendemento cos neofascistas e a extrema dereita. O que non sae na televisión non existe. E na televisión, sobre todo, aparece Berlusconi. Absteranse os italianos de acender a Tv antes de ir a votar? Será interesante analizar o sentido do voto dos emigrantes residentes no exterior que por primeira vez votan nestas eleccións. O seu sufraxio pode ser o máis “libre” de todos.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/04/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta