Presencia-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Contar en feminino
Por Xulio Ríos (AGN, 23/01/2006)
 
 

  As Mulleres do Mundo 2005, clic para aumentar
As Mulleres do Mundo, que se elabora cada cinco anos, chama a atención sobre o grande número de estados que non son quen de contar con información desagregada por sexo sobre nacementos, mortes e salarios. Moitos países están tomando decisións sen coñecer realmente a base demográfica sobre a que están a actuar.
 
Finlandia, Chile, Liberia... Podería pensarse que todos son avances no recoñecemento do papel da muller, cuns trazos, ademais, que marcan distancias con respecto a figuras do pasado inmediato, asociadas a actitudes moi conservadoras. Pero non é exactamente así. Hoxe sabemos e admitimos que mellorar a calidade de vida no mundo depende de coñecer a situación das mulleres, dos homes, dos cativos e dos máis vellos, afirma Mary Chamie, directora do departamento de asuntos económicos e sociais da ONU. Nun estudo feito público recentemente, de 204 países analizados, 26 non conseguiron realizar ningún tipo de censo demográfico entre 1995 e 2004. É o caso incluso de países de envergadura media como Colombia, de Nixeria ou de Perú.

As Mulleres do Mundo, que se elabora cada cinco anos, chama a atención sobre o grande número de estados que non son quen de contar con información desagregada por sexo sobre nacementos, mortes e salarios. Moitos países están tomando decisións sen coñecer realmente a base demográfica sobre a que están a actuar. Segundo este estudo da ONU, entre 1995 e 2003, países como México, Brasil, Paquistán, India ou China, rexistraron menos do 90 por cento dos bebés que naceron. E menos das tres cuartas partes dos países que nese período enviaron á ONU información sobre a súa poboación total, acometeron unha discriminación por idade e xénero, esencial para extraer conclusións elementais.

En resumo, só 81 países, que representan o 28 por cento da poboación mundial, cumpren os requisitos que a ONU considera esenciais para avaliar as desigualdades entre homes e mulleres: realización de censos, rexistro cando menos do 90 por cento dos nacementos; cuantificación numérica sobre poboación estatal, de nacementos e actividade económica por sexo e idade.

As diferencias reprodúcense: Europa é quen oferta máis información; o continente africano é o que presenta maiores lagoas. Se, como se di no informe, para que os dereitos das mulleres sexan unha realidade cómpre mellorar a capacidade de producir coñecemento, debe existir un empeño político para lograr un sistema estatístico seguro e que permita producir datos fidedignos. Pero ata nisto, tan básico, o mundo é desigual.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/01/2006
Fernando Pol


Subir