| Presenza-Opinión / Balcáns |
||
| Cosova na recta final Por Xulio Ríos (AGN, 27/02/2006) |
||
|
A postura do mediador e do grupo de contacto, integrado por EEUU, Rusia, Gran Bretaña, Francia, Alemaña e Italia, parte da idea de que debe ser a poboación de Cosova a que debe decidir o seu futuro. Se temos en conta que o noventa por cento dos habitantes da provincia é de orixe albanesa, cabe imaxinar o resultado desa consulta. Naturalmente, Serbia, que xa non é a de Milosevic, non comparte esa visión; consideran esta provincia o berce da súa nación e co argumento da inadmisibilidade da perda dos lugares sagrados (as igrexas e os mosteiros serbo-ortodoxos), pelexarán pola recuperación do control deste territorio, administrado por Nacións Unidas dende 1999. Ninguén en Belgrado (nin en La Haya) acepta a responsabilidade pola desfeita balcánica. Esa ausencia de autocrítica desmellora a súa posición negociadora. A Serbia interésalle demorar unha decisión, coa esperanza de que veñan tempos mellores ou, como mal menor, dividir o territorio, opción descartada por Ahtisaari. Pero antes de que este ano remate, o horizonte de saída debería quedar aceptado polas partes. Desde a UE ponse o acento na protección da minoría serbia, unhas cen mil persoas que viven en enclaves especiais baixo a protección das forzas de paz internacionais, nunha especie de apartheid sostido economicamente por Belgrado. Isto realmente parece o único negociable: ampla autonomía serbia a cambio de soberanía cosovar. |
||
|
||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 26/02/2006 |