Presencia-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
O mundo do 2006
Por Xulio Ríos (A Nosa Terra, 12/01/2006)
 
 

  Evo Morales e Hugo Chávez, clic para aumentar
A estas alturas, o desconcerto do inquilino da White House debe ser considerable. ¿Qué pasa aquí? En Iraq, a violencia non cesa e pese ao empeño de institucionalización (outros o intentaron antes en Chechenia con idéntica credibilidade e igual éxito), non parece que as cousas vaian a mellor. Pero, ademais, un militar sudamericano que gaña cantas eleccións se lle poñen por diante, proclama a súa intención de construír o socialismo do século XXI plantando cara aos gringos cunhas reservas enerxéticas que non son de broma. E agora un indíxena, á fronte do Movemento ao Socialismo, gaña tamén unha convocatoria electoral e únese ao anterior e a Fidel no “eixe do ben” para dar as costas ao Norte e construír outro Sur, algo máis ca un punto cardinal. (Foto: Evo Morales –á esquerda– e Hugo Chávez no Palacio de Miraflores en Caracas, o 3 de xaneiro de 2006).
 
Quen define a axenda internacional? Hai toda unha serie de circunstancias comúns e previsibles: relevos, aniversarios, conmemoracións, cumios, citas electorais, etc. O plano formal deixa lugar a poucas sorpresas. O máis determinante son as estratexias unilaterais (ou a ausencia ou febleza delas, caso da UE) dos actores máis poderosos do sistema internacional e probablemente tamén os dramas opacos que non figuran en axenda ningunha e que sempre poden ir a peor sen que ninguén, a sabendas dos riscos existentes, amose o máis mínimo interese real en evitalo.

Ata agora, o referente esencial era Washington. Se Bush dicía que o terrorismo era o asunto crucial, todos a seguilo sen mirar cara outro lado. Pero a estas alturas, o desconcerto do inquilino da White House debe ser considerable. ¿Qué pasa aquí? En Iraq, a violencia non cesa e pese ao empeño de institucionalización (outros o intentaron antes en Chechenia con idéntica credibilidade e igual éxito), non parece que as cousas vaian a mellor. Pero, ademais, un militar sudamericano que gaña cantas eleccións se lle poñen por diante, proclama a súa intención de construír o socialismo do século XXI plantando cara aos gringos cunhas reservas enerxéticas que non son de broma. E agora un indíxena, á fronte do Movemento ao Socialismo, gaña tamén unha convocatoria electoral e únese ao anterior e a Fidel no “eixe do ben” para dar as costas ao Norte e construír outro Sur, algo máis ca un punto cardinal.

Bush pai proclamara a morte do socialismo e Bush fillo outro tanto da guerra de Iraq, pero igual os anuncios foron precipitados de mais. Antes de 1991, a pantasma do comunismo xustificaba a organización de golpes de estado ou batallóns paramilitares para loitar contra gobernos lexítimos. En América Latina ben saben como estaba de engraxada esa maquinaria, contando coa eficacia engadida de oligarquías locais, formadas moitas veces nas Universidades de elite USA, e unha tropa castrense, adestrada na conculcación extrema dos dereitos humanos “por el bien de la Patria”. Pero a URSS xa non existe e non parece doado vincular a Chávez, Fidel ou Evo co terrorismo, aínda que poden intentalo. ¿Que se argumentará agora? ¿Cómo truncar as novas esperanzas de construción de sociedades mais emancipadas –tamén de dogmatismos- e mais xustas?

No colmo dos colmos, resulta que os comunistas chinos son os que mellor practican o capitalismo liberal, e os que mais o respectan: Hong Kong, rexión administrativa de China, ven de ser recoñecida internacionalmente como a economía máis aberta do mundo. O que contrasta con EEUU, que pasa por ser o paladín defensor do libre mercado, pero que ergue barreiras proteccionistas cando alguén, lease unha petroleira “vermella”, quere entrar no seu curral (para mercar UNOCAL). ¿Non quedaramos en que política e mercado non debían interferir? Ata a Coca-cola está en perigo, con ese invento, orixinario de Bolivia –non podía ser doutro xeito– que vai comercializar a Cola coca. O refresco ( e o mundo) ao revés.

A posguerra fría entra noutra dinámica. En 2001, EEUU puxo enriba da mesa a loita contra o terrorismo. Será mais complicado que nos arrastre a todos a outra guerra. Polo momento deben pensar como saír de Iraq. Agora, de Sur a Sur, outros polos emerxentes irán gañando protagonismo e confirmando a axenda do tempo da multipolaridade. Eses novos problemas si poden desatascar unha axenda mundial que só cos interesados medos do Norte non pode ter saída.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/01/2006
Fernando Pol


Subir