Presenza-Opinión / Europa
|
||||||||
Invernía en Londres Por Fernando Pérez-Barreiro Nolla (A Nosa Terra, 13/12/2007) |
||||||||
Pero eses ciclos non poden repetirse sen matar a crenza básica en que a política non é un xogo entre grupos aos que non lles interesa máis que acadar o poder como sexa e conservalo tamén como seña. Vaise esperando cada vez menos da política. E a base social que a sustentaba, a cultura cívica de debate e aspiracións, que outrora era exemplar na Gran Bretaña, vai esmorecendo. Thatcher, e Blair igual que ela, aproveitaron un descontento real para desencadear unha ofensiva de destrucción de recursos críticos sociais incómodos. Esa actividade servía, nos dous casos, a intereses estreitos, e por iso traicioaba a función integradora da política; unha función que pode convivir cos dous polos tradicionais de esquerda e direita. Esas duas persoas, de contextura arbitraria, estragaron gran parte do tecido social do país. Os seus sucesores, menos vesánicos, quedaron como boxeadores “sonados” fronte dun país cada vez máis escéptico. Cúmplense neste mes os dez anos da morte de Castoriadis. E síntese neste inverno desconfiado aquela súa chamada –xa en 1974!– por unha nova creación imaxinaria para saír da miseria psíquica e moral que define a humanidade dos nosos tempos. A imaxinación para a que reclamaban o poder os rapaces de 1968 acabou sendo a dos diseñadores de modas e outros productos de consumo, entre os que vai tamén o pensamento. Con razón tíñalle medo Castoriadis á omnipotencia da economía, á que quería ver retornada á calidade de medio e non coroada como fin. E nestes días que corren cara o inicio do inverno, lembramos un trecho de Castoriadis que trouxo á lus hai pouco en Italia, e seguramente desde outra perspectiva ben diferente da que agora nos preocupa, Luigi Mascheroni: “O capitalismo pudo funcionar somente porque herdou unha serie de tipos antropolóxicos que non creara e que non houbera prodido crear de por sí: xuices incorruptibeis, funcionarios íntegros e afeitos actuar conforme a principios universalistas, educadores consagrados á súa vocación, obreiros que teñen conciencia profesional. Eses tipos non xurden porque si […] Agora estamos vivindo nunha sociedades en que eses valores (honradez, servicio ao Estado, transmisión do saber, traballo ben feito) viraron, por consenso, obxetos de bulra; onde o único que conta é a cantidade de diñeiro que un embolsou, pouco importa cómo, ou o número de veces que un sae na televisión”. |
||||||||
Fernando Pérez-Barreiro Nolla é membro do Consello Asesor do Igadi. |
||||||||
|
||||||||
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 07/12/2007 |
||||||||
|