| Presenza-Opinión |
||||||||
| Naufraxio na esquerda francesa Por Manoel Santos (Galicia Hoxe, 11/02/2007) |
||||||||
|
Vén isto a conto do que acontece ao redor das presidenciais francesas do vindeiro abril. Alén do enfrontamento entre Sarkozy (UMP) e Royal (PS), nidiamente situado á dereita do pobo –a seguridade e a orde centran a discusión– e coincidente nas reverencias ao neoliberalismo; os movementos da que chaman esquerda radical, antiliberal ela, están cando menos no debate. Partindo da base de que o autoritarismo de Sarkozy e a socialdemocracia liberal de Royal non van resolver a crise social e política dun país que vai de revolta en revolta, houbo un esperanzador intento de formar unha fronte común “á esquerda da esquerda”, constituída por 800 comités unitarios antiliberais. Este ensaio de alternativa fracasou hai un mes, din, pola teima do Partido Comunista (PCF) –de novo aliado do PS– en impoñer a Marie-George Buffet como candidata. Polo visto o combustíbel que constituían as anteditas revoltas sociais non tiña aínda octanaxe dabondo, e agora atopamos un ridículo atoamento de precandidaturas á esquerda do PS, como a de Besancenot (LRC), Voynet (Os verdes) ou a do altermundista José Bové, que decidiu entrar a xogar ao taboleiro sistemático. Tres conclusións. Primeira: as bases do pobo francés seguen e seguirán a buscar activamente unha saída, pois non a teñen. Segunda: a súa crecente desconfianza nas estruturas de poder (partidos, sindicatos...) está tan xustificada como as súas xa cíclicas revoltas. E terceira: non entendo a Bové. |
||||||||
|
Manoel Santos é director de altermundo.org e colaborador do Igadi. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 12/02/2007 |
||||||||
|
||||||||