Presenza-Opinión / Europa
|
||||||||
A OTAN Viaxa Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 19/03/2007) |
||||||||
Unha cousa é que non haxa unha política europea –Mr Pesc esfórzase para que non a haxa– e outra que nos prestemos a facerlle aos EEUU o noxento traballo que estamos facendo en Afganistán, emporcándonos alí á par que en parte os liberamos a eles da responsabilidade nas masacres diarias naquel país. Nada máis lóxico que o terrorismo creza e que Europa sexa un dos seus obxectivos prioritarios. Porque unha cousa é que esa guerra estea autorizada pola ONU e outra que unha organización militar occidental, de carácter disuasivo, interveña nunha loita ofensiva ás ordes dos EEUU, en vez de facelo cada país se así lle parecese. Pero ese sometemento á política imperial só nos traerá problemas e ningún ben. |
||||||||
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
||||||||
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 25/03/2007 |
||||||||
|