Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Non ser babecas
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 10/12/2007)
 
 

  Monumento a Stalin e Lenin, clic para aumentar
Ningún dictador aturou a separación de poderes, nin hoxe nin no pasado. Tan dictador foi Franco como Hitler, Stalin como Lenin, ou Fidel Castro como Ceaucescu. Pois se o poder xudicial non controla aos outros poderes, é desavido falar de democracia. (Foto: Monumento a Stalin e Lenin en Olomouc, Chequia).
 
Cando non se ten cultura xeral bastante, iso que como mínimo dá o vivir nunha sociedade civilizada, xorden as dúbidas de que cousa é a democracia e de que exemplar político é un dictador. Naquelas sociedades non hai posibilidade de confusións nin sobre unha cousa nin sobre a outra.

Calquera cidadán daqueles países aos que aínda non pertencemos, ten moi claro que non se pode falar de democracia se non hai unha real e verdadeira separación de poderes. Os controles que esixe a democracia son os gardiáns da súa esencia, tanto que se confunden con ela.

Ningún dictador aturou a separación de poderes, nin hoxe nin no pasado. Tan dictador foi Franco como Hitler, Stalin como Lenin, ou Fidel Castro como Ceaucescu. Pois se o poder xudicial non controla aos outros poderes, é desavido falar de democracia.

Aos dictadores, e aos que aspiran a selo –como o baduante Chávez ou o insípido Evo Morales– próelles a independencia do poder xudicial, pois saben que non se pode ser dictador cun poder xudicial independente. E aínda Bush e Blair, en circunstancias de guerra, tiveron que recuar cando fixeron o que puideron para se pareceren a aqueles. É certo que algo conseguiron, pero moi pouco do que pretendían.

Faría ben certa esquerda iluminada en procurar unha mínima cultura política para non caer na pallasada de soster que hai dictadores bos, que se din de esquerdas, e dictadores malos, por seren de dereitas, pois todos, sen excepción, están feitos da mesma madeira.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/12/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta