Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
A polémica do etanol
Por Xulio Ríos (AGN, 16/04/2007)
 
 

  Surtidor de etanol, clic para aumentar
A aposta polo etanol, din estes profesores da Universidade de Minessota, pode ter consecuencias devastadoras para a pobreza e a seguranza alimentaria mundiais. Encher un depósito de un 4x4, din, con 94,5 litros de etanol puro precisa 204 quilos de millo, o suficiente en calorías para alimentar unha persoa durante un ano. A aposta polo etanol, por outra banda, contribuirá a elevar os prezos do millo, calculan, nun 20% ata 2010 e ata nun 40% en 2020.
 
Esta semana celébrase en Venezuela o primeiro cumio enerxético de América Latina. Ademais de petróleo, gas, electricidade, enerxías alternativas, o etanol, por motivos engadidos, será a estrela da axenda. Nicaragua, Bolivia, Cuba e Venezuela encabezan a listaxe de países que rexeitan o proxecto etanol que sustenta e promove a alianza Bush-Lula. O primeiro en criticar esta iniciativa foi o mandatario cubano, Fidel Castro, quen acusou a Washington dende as páxinas do diario Granma de condenar a morte prematura por fame e sede a máis de tres mil millóns de persoas pola idea pérfida e malévola de converter os alimentos en combustible, unha crítica que debeu irritar a Lula, quen soña con facer de Brasil un gran exportador de etanol para EUA. Lula foi recibido por Bush en Camp David, a segunda vez en 16 anos que tal deferencia se outorgaba a un dirixente latinoamericano.

A credibilidade do discurso de Fidel gañou forza cun estudo recente que recolle o Foreign Affairs, a revista de reflexión da diplomacia estadounidense, no que se abordan os riscos de usar cereais para producir combustible. Fidel e os economistas C. Ford Runge e Benjamin Senauer coinciden na hipótese dunha catástrofe alimentaria que ameazaría a preto de 3 mil millóns de persoas, en especial nos países pobres. A aposta polo etanol, din estes profesores da Universidade de Minessota, pode ter consecuencias devastadoras para a pobreza e a seguranza alimentaria mundiais. Encher un depósito de un 4x4, din, con 94,5 litros de etanol puro precisa 204 quilos de millo, o suficiente en calorías para alimentar unha persoa durante un ano. A aposta polo etanol, por outra banda, contribuirá a elevar os prezos do millo, calculan, nun 20% ata 2010 e ata nun 40% en 2020.

O presidente nicaraguano Daniel Ortega sostén que a produción de biocombustible soamente servirá para traer de volta o monocultivo á rexión. Polo que respecta a Brasil, o destino de enormes extensións de terras fértiles á elaboración do etanol, substituíndo o petróleo por derivados de alimentos, introducirá un factor adicional de tensión e pode provocar unha transformación do comercio agrícola do mundo, agravado polo intenso tirón da demanda chinesa.

Non deixa de sorprender, en calquera caso, que o Lula do “fome zero” avale esta alternativa. Ou quizás iso, entre outras cousas, explique por qué os movementos sociais, de novo, están a virarlle as costas.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/04/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta