| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| Enésimo proceso de paz Por Xulio Ríos (AGN, 06/11/2007) |
||||||||
|
O de Maryland será un encontro particularmente impopular. Primeiro, porque impopulares son os convocantes, tanto Bush e Blair, como Abbas e Olmert. Segundo, porque a Folla de Ruta segue a ser un papel mollado e mentras así sexa ninguén poderá crer nas promesas de Bush e Rice sobre a creación dun Estado palestino do que ninguén sabe –nin queren precisar– cales serán as súas fronteiras, cuestión esencial se queremos pasar da virtualidade á realidade. Terceiro, porque a atmósfera pesimista, con tantas nubes negras sobre a rexión, limita as expectativas de lograr calquer avance significativo nos dosieres centrais, dende o futuro de Xerusalén á cuestión dos refuxiados. Abbas conta con pouco peso nos territorios palestinos e Israel, que o sabe, non fará nada que comprometa unha seguridade que o líder árabe non está en condicións de lle garantir. O seu obxectivo é precipitar a caída de Hamas. Mudará algo en concreto? Condoleezza Rice adiantouse a asegurar que non se trata de organizar unha simple sesión fotográfica, pero Maryland, para desgraza dos milleiros de persoas que deben soportar a diario as dificiles condicións de vida na rexión, se non mudan as cousas, non será máis ca puro e desprezable teatro. O talante bélico de Bush, camiño de cinco anos de guerra en Iraq, demostrouse acedamente estéril. O balance do seu mandato en Oriente Medio, deixa unha rexión menos democrática e máis en tensión ca nunca. Que podemos agardar do seu controvertido talante diplomático? Só xestos sen substancia. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 06/11/2007 |
||||||||
|
||||||||