| Presenza-Opinión |
||||||||
| Límites da presidencia xermana Por Xulio Ríos (AGN, 15/01/2007) |
||||||||
|
O segundo aspecto é a política común de enerxía. A inestabilidade dos subministros rusos polos diferendos con Ucraína antes e con Bielorrusia agora, ameza cun desastre enerxético para a UE. Merkel quer aprobar en marzo un Plan de Acción nesta materia. A súa base debe ser unha política común que non parece doada de establecer. Gran Bretaña e Suecia, por exemplo, promoven a des regulamentación do sector, principio que rexeitan a propia Alemaña e Francia. Por non falar da teima polaca e báltica que nada queren saber do gasoduto que do norte que debe subministrar directamente aos clientes do oeste. En terceiro lugar, as dificultades ligadas ao alargamento. Coa entrada de Bulgaria e Romanía queda cuberta unha nova fase da expansión. A negociación do ingreso de Turquía dificilmente se reabrirá totalmente baixo a presidencia de Berlín. As perspectivas de arranxo turco-chipriota non son moi optimistas. A todos estes importantes desafíos debe sumarse a superación da práctica ausencia efectiva nas grandes crises internacionais do momento, desde Oriente Medio a Afganistán e ata Irán. E sen perder de vista, as hipotecas internas que poderían estourar á primeira de cambio, en concreto, nos Balcáns. A maioría albanesa de Cosova podería dar a coñecer unha declaración unilateral de independencia de Serbia se fracasan as negociacións en curso. E conciliar a mellora de relacións con Rusia coa consideración de Ucraína e Xeorxia como “novos veciños” de Europa. Moita cousa para poder con todo. Mesmo para Alemaña. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 14/01/2007 |
||||||||
|
||||||||