Presenza-Opinión / Asia
|
||||||||
Máis complicacións Por Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 03/01/2008) |
||||||||
É tamén moi claro que se Paquistán se afunde no caos –nun caos superior ao que xa hai–, ou volve o exército ao poder (no caso de que algunha vez estivese fóra del), o problema non é só local senón con moi grandes repercusións en todo o Oriente Medio, tanto que caben as peores posibilidades, incluída unha guerra mundial. Ben coñecido é o que está sucedendo no Iraq, onde a intervención do exército invasor, con todos os cambios de rumbo que ten levado, non parece que mellore, senón que, para o país invadido, vai a peor. Ningún dos obxectivos de que se falou se cumpriu, porque estes eran outros moi distintos, como é sabido. Irán é outra espiña na gorxa do imperio, despois do informe que asegura que ese país cesou xa no 2003 nas actividades nucleares, pechando a Bush unha mínima xustificación para invadilo ou para atacalo. Non lle quedará outra saída que deixar que Israel só faga o traballo. Ou iso é o que pensan moitos analistas. Pero outros coidan que a caótica situación no Paquistán, non só non prexudica os intereses americanos senón que máis ben os favorece, e hai quen pensa que moi ben puido ser a actual unha situación provocada. Nese mundo dominado por intereses tan escuros e fortes, todo é posible. |
||||||||
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
||||||||
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 09/01/2008 |
||||||||
|