Presenza-Opinión / Europa
|
||||||||
Os franceses están tristes Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 03/04/2008) |
||||||||
Dísenos tamén que o indicador que mide a moral dos fogares recuou un punto en febreiro e que non son optimistas sobre as perspectivas de evolución do seu nivel de vida, polo que se vai aprazando a oportunidade de facer compras importantes. Pero o Goberno difunde a mensaxe de que Francia resiste a crise mellor que outros países e que a economía non vai tan mal. Algo que, conclúe o articulista, pode comezar a soar un pouco falso. Semella que se está facendo unha alusión directa ao que manifestou François Fillon: “¿Por que –dixo– Francia resiste mellor hoxe? Xustamente porque nós votamos o paquete fiscal este verán, o que mantén a demanda. Os nove mil millóns que inxectamos na economía póñennos a cuberto”. Pero o estancamento da economía impide ao Goberno volver sobre algunhas das súas promesas, como sinala o mesmo xornal o día 27. E isto é o que proe nos fogares franceses, que, ademais, ven que o Sr. Sarkozy segue mergullado no seu narcisismo patolóxico (o diagnóstico é do psiquiatra Serge Hefez), para esquecerse dos problemas, distraéndose con actos como os recentes de Londres ou como o da liberación de Ingrid Betancourt, máis próximos a aquela patoloxía. Teñen toda a razón os franceses para estaren tristes. |
||||||||
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
||||||||
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 13/04/2008 |
||||||||
|