Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Mentiras e impunidade
Por Xulio Ríos (AGN, 25/03/2008)
 
 

  Alan Greenspan; clic para aumentar
Ata Alan Greenspan, o que foi presidente da Reserva Federal de EEUU, recoñece hoxe nas súas memorias que a guerra de Iraq tivo moito que ver co control do cru iraquí, non soamente polos pingües beneficios que se podían agardar para a industria petroleira estadounidense, senón polos ingredientes estratéxicos que aportaba esa posición para afirmar o seu dominio incontestable no mundo da posguerra fría, ir completando o cerco de contención ao seu maior rival futuro (China), e reforzar a posición de Israel na rexión fronte a aqueles países árabes e islámicos que recean das bondades do seu ecumenismo. (Foto: Alan Greenspan asina un exemplar do seu libro “The Age of Turbulence: Adventures in a New World”, en Nova York o 17 de setembro de 2007).
 
Sabemos a estas alturas que as razóns esgrimidas hai cinco anos para invadir Iraq foron todas falsas: nin había armas de destrución masiva, nin tampouco contactos de Bagdad con Al Qaeda, nin, polo mesmo, ameaza algunha do réxime de Saddam Hussein sobre EEUU ou os seus principais aliados. Como xa se denunciaba daquela, todo foi manipulado de forma consciente con miras a gañarse a complicidade da opinión pública e vencer as moitas resistencias internas existentes en numerosos países. O derrube dunha tiranía viu a xustificar despois a necesidade dunha acción militar daquela envergadura que había ser o inicio dunha democracia misioneira que acabaría por evanxelizar politicamente todo Oriente Medio.

Ata Alan Greenspan, o que foi presidente da Reserva Federal de EEUU, recoñece hoxe nas súas memorias que a guerra de Iraq tivo moito que ver co control do cru iraquí, non soamente polos pingües beneficios que se podían agardar para a industria petroleira estadounidense, senón polos ingredientes estratéxicos que aportaba esa posición para afirmar o seu dominio incontestable no mundo da posguerra fría, ir completando o cerco de contención ao seu maior rival futuro (China), e reforzar a posición de Israel na rexión fronte a aqueles países árabes e islámicos que recean das bondades do seu ecumenismo.

O primeiro ministro británico Gordon Brown comprometeuse recentemente a promover unha investigación sobre o acontecido, se ben descartando facelo en tanto non mellore a seguridade na zona para non prexudicar a misión das tropas británicas. Outros, que xa retiraron as súas tropas, deberían imitar esta decisión. En tanto, Blair, agora recompensado como enviado especial do Cuarteto, anda por Oriente Medio a poñer paz entre uns e outros. Con que credibilidade? Ninguén sabe. E na recta final, mentres o vicepresidente Dick Cheney arengaba en Bagdad, Bush defendía no Pentágono que a guerra beneficiou ao pobo iraquí. Outro tanto dixo Aznar nalgunha prensa internacional. Ningún destes civilizados paladíns da democracia e dos dereitos humanos quer falar sequera de asuntos “menores” como a violencia dos gardas privados estadounidenses, das torturas e abusos mil que cometeron as tropas ocupantes. O ronsel de mentiras e cinismos, que continúa, constitúe un insulto á decencia. Pero insisten en que todo foi correcto e necesario. Serán as nosas democracias tan febles como para deixar impunes tan graves comportamentos?

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/03/2008
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta