Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/África/ África
A ocupación militar do Sahara (II)
Antonio Martínez Puñal (Xornal de Galicia, 24/09/2009)

Versión para imprimir

 

En 1990, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobara nomear un representante especial para o Sahara, asistido pola Misión da ONU para o referéndum do Sáhara Occidental (MINURSO), na que, incriblemente, non hai presenza militar española e si unha forte participación francesa. Entre outros asuntos, a MINURSO ten o mandato de vixiar o cese do foro, verificar a retirada de tropas, rexistrar aos participantes cualificados para o referéndum e organizar un referéndum libre e xusto que debería estar realizado en xaneiro do 1992. O tema do respecto aos dereitos humanos están, paradóxicamente, fóra das encomendas da MINURSO, en gran medida, polas presións de Francia.

O conflicto evolucionou con toda unha serie de viras e reviravoltas en torno ao referéndum, coa intervención de sucesivos representantes especiais do Secretario Xeral da ONU, sendo de destacar James Baker, antiguo Secretario de Estado norteamericano. No mes de xullo de 1997, en Londres, aquél consegue que Marrocos e Polisario acepten unha proposta de compromiso para desbloquear o contencioso sobre a composición do censo electoral. Non obstante, no 2004, despois de tentar varias propostas, incluindo un referendum previos cinco anos de autonomía dentro de Marrocos, que podería ser mesmo aceptado polos polisarios, Baker abandonou definitivamente o seu cargo ante a falla de progresos debido as sucesivas manobras de dilación por parte de Marrocos.

O fracaso de Baker dábase nun contexto no que certamente a ONU, xogando o seu papel aparente de solucionador de tensións, na práctica por consentidora alineábase a carón de Marrocos. En definitiva, dende o alto o fogo, as numerosas negociacións auspiciadas polas Nacións Unidas por medio dos seus sucesivos representantes especiais (Baker, Álvaro de Soto que definiría a ONU como “un grupo de amigos dos Esados Unidos” e o promarroquí Van Walsum, quen chegou a afirmar que a independencia do Sáhara era “inalcanzábel” porque pese a que a legalidade internacional está do lado do Polisario, o Consello de Seguridade non iba utilizar os seus poderes para impoñerlla a Marrocos…) irían cumprindo o seu papel: ir de fracaso en fracaso a espera, mentres tanto, da extenuación do Polisario. Nelas, Marrocos, ensoberbecido polos seus apoios internacionais, foi trocando a sua postura quedando patente o seu único obxectivo de dilatar ad calendas graecas (nunca xamais) a celebración dun referendum poñendo mil e un atrancos á confección do censo electoral; podería chegar a pensarse que os marroquís non queren ningún referéndum nin sequeira con un censo que, en principio, poidera serlles favorábel, por non confiar totalmente nin nos seus propios nacionais, cuxa permanencia garantida –nun Sáhara rico en pesca, fosfatos e unha querencia máis igualitaria– o Polisario estaría desposto a admitir, por máis que o Polisario puidera chegar a admitir a participación de Marrocos na explotación dos recursos; pero todo ten un coste: a ocupación xenera uns beneficios derivados dos fosfatos que apenas chegan ao pobo marroquí que se atopa nunha situación económica lamentábel mentras que, en troques, ten un coste anual equivalente ao 2 por cento do Produto Interior Bruto anual marroquí que si chega negativamente aos cidadáns.

 
 

Antonio Martínez Puñal,
é catedrático e profesor na USC e membro do Consello Reitor do IGADI

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/África



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/09/2009


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta