Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Intocables
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 22/03/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  José Manuel Durão Barroso; clic para aumentar
En paralelo aos debates “internos” entre europeos e estadounidenses a propósito da futura orde económica e financeira global, outros actores resaltan o feito de que a crise deixou ao descuberto a enorme vulnerabilidade das actuais institucións financeiras internacionais e pensan nunha reforma doutro calado. [Foto: José Manuel Durão Barroso, presidente da Comisión Europea, en Bruxelas o 19 de marzo de 2009].
 
O tirapuxas financeiro global non fixo máis que comezar. En paralelo aos debates “internos” entre europeos e estadounidenses a propósito da futura orde económica e financeira global, outros actores resaltan o feito de que a crise deixou ao descuberto a enorme vulnerabilidade das actuais institucións financeiras internacionais e pensan nunha reforma doutro calado. O liderado da reforma necesaria do sistema debe ser compartido porque, primeiro, a guía do tándem EEUU-Europa perdeu autoridade e credibilidade fronte a terceiros países. Todo o que o FMI desaconsellaba facer ás economías pobres, resultaba que o facían os países ricos a gran escala e eludindo a mais elemental prudencia financeira. E segundo, porque a crise está a acelerar a recomposición da estrutura económica internacional. Hoxe, fronte ao peso, aínda destacado, de EEUU e Europa, principais depositarios das institucións de Bretton Woods, o FMI e o Banco Mundial, as economías emerxentes e os países en vías de desenvolvemento reclaman con razón un cambio máis profundo, que recolla as mudanzas operadas nos últimos sesenta anos.

As institucións internacionais son claves nun momento como este en que a crise reclama de todos os países un esforzo mancomunado para saír dela e cómpre relexitimalas sen mesquindades. Nese contexto, cómpre avaliar de novo o papel e as características destas organizacións para que respondan ás esixencias da nova realidade monetaria e económica. E esa reflexión non pode eludir asuntos clave como a ampliación da súa representatividade. O Consello Directivo do FMI aprobou en 2008 unha modificación dos dereitos de votación en virtude da cal, a porcentaxe dos países desenvolvidos pasaba do 59,5% ao 57,9%, e a dos países en vías de desenvolvemento facíano do 40,5% ao 42,1%. A superioridade notable dos uns fronte aos outros semella difícil de soster actualmente e máis aínda no futuro. Por outra banda, o proceso de elección dos directores do BM e do FMI tamén debe ser máis aberto e democrático. Non hai países intocables, nin pola crise, nin no sistema internacional. Hai que facer contas.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/03/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta