Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia/ Asia
O enredo afgán
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 05/04/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Ban-Ki-Moon e Hamid Karzai; clic para aumentar
Esa nova estratexia global estivo sobre a mesa na reunión de doantes celebrada esta semana en La Haya, onde Afganistán foi sinalado, mesmo por Irán, como o epicentro da inestabilidade en toda a rexión de Asia central, afectando de modo perigoso a Paquistán. [Foto: Ban-Ki-Moon, secretario xeral da ONU (esquerda), e o presidente Hamid Karzai na Conferecia Internacional sobre Afganistán, en La Haya o 31 de marzo de 2009].
 
O fracaso en asegurar a estabilidade en Afganistán a través de medios militares levou á Administración Obama a promover enfoques máis amplos que inclúen a aceleración do proceso de reconstrución, o alivio da pobreza, a intensificación da capacidade operativa das forzas de seguridade do goberno de Kabul, recabar o apoio dos países veciños e deseñar mesmo un “plan de saída”. Esa nova estratexia global estivo sobre a mesa na reunión de doantes celebrada esta semana en La Haya, onde Afganistán foi sinalado, mesmo por Irán, como o epicentro da inestabilidade en toda a rexión de Asia central, afectando de modo perigoso a Paquistán.

No país despregáronse máis de 70.000 efectivos das forzas da coalición dirixidas por EEUU e a ISAF da OTAN, pero os continuos enfrontamentos e o rexurdir do movemento talibán cobrouse a vida de máis de mil soldados estranxeiros, a metade das civís rexistradas só en 2008. Cabe imaxinar que o anuncio do envío de máis tropas (17.000 novos soldados, dixo Obama) e a celebración das eleccións presidenciais en agosto, non acalmarán os ánimos e, pola contra, mais ben darán un forte pulo á violencia nos próximos meses. A aposta dos talibáns é a agardada: boicot absoluto a un proceso electoral do que só pode saír un goberno títere e controlado por EEUU e os seus aliados. A intensificación do enfrontamento é a consecuencia previsible, facilitada pola ampla decepción xerada polo presidente Hamid Karzai, hoxe en horas baixas con Washington, no eido socioeconómico e ata en materia de seguridade, cun substancial aumento dos crimes, roubos e ataques suicidas e unha maior fortaleza e expansión das redes do narcotráfico. No medio, unha maioría social cansa e insatisfeita cunha ocupación estranxeira que se desenvolve con tanta ineficiencia e torpeza que ata o propio Karzai esixiu unha elemental coordinación ás tropas de EEUU e da OTAN para evitar tanta sucesión de arbitrariedades. Pero é na saída onde reside a clave de futuro.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/04/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta