Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica/ Latinoamérica
Primeira volta no Salvador
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 25/01/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Mauricio Funes; clic para aumentar
A perda da capital en favor da oposición abre unha interrogante decisiva sobre o resultado das eleccións presidencias que se celebrarán o próximo 15 de marzo. Ata entón, as espadas seguirán en alto e o candidato do FMLN, o xornalista Mauricio Funes (na foto), vivirá coa alma en vilo ata ver colmadas as esperanzas de lograr por primeira vez a presidencia do país.
 
A antiga guerrilla gañou as eleccións lexislativas e municipais celebradas a pasada semana no Salvador. As enquisas da Universidade Centroamericana vaticinaban unha vitoria ampla, aínda que finalmente resultou ser pola mínima. A perda da capital en favor da oposición abre unha interrogante decisiva sobre o resultado das eleccións presidencias que se celebrarán o próximo 15 de marzo. Ata entón, as espadas seguirán en alto e o candidato do FMLN, o xornalista Mauricio Funes, vivirá coa alma en vilo ata ver colmadas as esperanzas de lograr por primeira vez a presidencia do país.

Todo o presente ano 2009 será dunha intensa actividade electoral e política en América Latina, con seis comicios presidenciais, dous referendos e tres eleccións lexislativas. Os plebiscitos de Venezuela e Bolivia, que se levarán a cabo case de inmediato, constitúen probas severas para a pervivencia do experimento bolivariano e o futuro político de figuras como Chávez ou Evo Morales. En Ecuador, todo apunta a que Correa será reelixido (en abril) despois de obter un importante respaldo ao seu proxecto constitucional. Pero tamén pasarán exame outras opcións menos ideoloxizadas e máis moderadas como o kirchnerismo (en outubro), e en Uruguai e Chile, no primeiro caso presidenciais (en outubro) e no segundo coincidindo tamén coas lexislativas (en decembro). Tabaré, en Montevideo, confía en pasar o testemuño a José “Pepe” Mújica, pero o empresario Sebastián Piñera podería acabar con vinte anos de gobernos de concertación en Chile.

O resultado do Salvador pode confirmar que a esperanza progresista segue viva en América Latina e mesmo que prosegue a súa expansión por Centroamérica (con outro reto en maio nas presidenciais de Panamá), ou, pola contra, alertar sobre o comezo doutro ciclo de alternancia política marcado polo lento regreso dos vellos poderes ante a pronta retirada dos líderes que alentaron a chegada desa xeración que marcou a entrada de América Latina, con voz propia, no século XXI.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/01/2009
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta