Acción exterior Volver a TitularesVolver a Acción exterior
U-la España e a UE no bicentenario?
Antonio Martínez Puñal (Xornal de Galicia, 30/07/2010)

Versión para imprimir

 

O Bicentenario da independencia das repúblicas hispanoamericanas debería constituir, ao noso modo de ver, unha oportunidade excelente para propiciar un novo diálogo entre todos, aquén e alén do océano, dentro dun exquisito respecto á diversidade. Sería bo no seu marco facermos un exame profundo en canto ás realizacións habidas desde aquelas datas emancipadoras no campo da liberdade, da democracia e da reafirmación do dereito dos pobos á súa propia libertade e autodeterminación na América Latina, nun camiño de construción das súas independencias e da súa integración rexional. Debería ser un bicentenario, en definitiva, no cal xunto á academia, estean presentes os saberes, as prácticas e a memoria do pobo, axuntados todos en harmonía nunha auténtica festa popular.

¿Bicentenario da independencia ou quinientos anos de colonialismo…? Tense feito moi pouco por España ao respeito do Bicentenario, máis aló da creación, no 2007, dunha Comisión do Bicentenario da Independencia das Repúblicas Iberoamericanas con poucos resultados prácticos até o momento. Todo parece quedarse no caso de España nunha realidade virtual.

Das actividades de Felipe González, nomeado polo Goberno español como embaixador extraordinario ese nesmo ano (do universo mundo neoliberal-empresarial) para o Bincentenario, ¡nin mú!

Polo que respecta á Unión Europea, a cuestión –non directamente económica e con exigüos antecedentes históricos– espértalle claramente un interese menor. A súa participación non logra despegar do protocolario. Algo máis presente está China. Non en van calcúlase que en menos de un lustro, China reemplazará á Unión Europea como o segundo principal socio comercial da rexión e que en menos de unha década descabezará aos Estados Unidos do primeiro posto.

Claro que no pecado por omisión de España vai a penitencia. Sirvan como expresión diso os seguintes dados: segundo un cuestionario do Latinobarómetro só o 43% das xentes latinoamericanas contesta correctamente á pregunta: “¿De quen se independizou o seu país?”. Porcentaxe magra, con todo, xa esperada tendo en cuenta o nivel medio de educación, o cal non supera os sete años. A mellor informada é a chilena (71%); a menos, a dominicana (11%). É penoso canto vimos sinalando, se temos en conta que, comparativamente, Alemaña, sen practicamente nexos históricos con aquela rexión, tense manifestado, en termos de Bicentenario, máis activa que España nalgún dos países concernidos.

Á España “reconquistadora” desde principios dos noventa no terreo dos negocios da América hispana –sen desprezar as actuacións no Brasil–, coa presenza dos ¿seus? bancos, empresas enerxéticas, seguros, telefonía, viaxes, hosteleiras e outras –que non deberían ser enxuizadas por un igual en canto á súa avidez–, non parece interesarlle de verdade un Bicentenario imbuido dun contido liberador. Non deixa de ser paradoxal o retroceso histórico que representa para Iberoamérica que, douscentos anos despois da súa independencia política, as grandes corporacións españolas controlen amplamente importantes sectores estratéxicos desta rexión.

 
 

Antonio Martínez Puñal,
é catedrático e profesor na USC e membro do Consello Reitor do IGADI

 
Volver a TitularesVolver a Acción exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/12/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta