Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Afastados da política
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 13/09/2010)

Versión para imprimir

 

Vén sendo común a todos os países desenvolvidos que a xente nestes tempos crea pouco nos políticos, nos medios de comunicación, nos sindicalistas ou, en xeral, nas institucións, o cal, dunha maneira ou doutra, quere dicir que se cre pouco na democracia.  E, xusto por iso, non participa nela.

Todo leva a que a fe na democracia deveza e aínda a que desapareza. Berlusconi ou Sarkozy, por exemplo, axudan pouco a que as sociedades italiana e francesa crean na democracia. E si, polo contra, axudan ao escepticismo xeral, un dos males máis endémicos das nosas sociedades modernas.

A crise da que non damos saído, polo demais, contribúe moi eficazmente a que non se crea na política, sobre todo cando a sociedade se decata de que  boa parte do problema puido ser evitado de ter habido unha política máis realista, máis atenta á regulación dos mercado e da banca.

É claro que a chamada desafección política ten causas moi fondas, e moi diversas, que orixinan o escepticismo político das nosas sociedades. A política, hoxe en día, non é outra cousa que recadación de votos. Nada estraño, pois, que a xente diga para si que “isto non vai comigo”.

Esas e outras circunstancias, moi visibles na sociedade deste tempo, poden levarnos dereitos ao populismo, ao autoritarismo e  a diversas formas de fascismo. É como se nada tiveramos aprendido da historia máis recente. Se nos afastamos da política, porque dela nos afastan, os sucedáneos sabemos ben cales son, coñecemos ben os seus riscos e sabemos –deberiamos saber- que sempre nos levaron ao peor.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/09/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta