Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Gobernos pexados
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 29/11/2010)

Versión para imprimir

 

Joseph Stligitz, coa sinxeleza e a claridade que adoita nos seus escritos, resumiu así as medidas que cómpren para saírmos da crise: “Se unha familia non pode pagar as súas débedas, recoméndaselle que gaste menos para que poida facelo. Pero nunha economía nacional, se se recorta o gasto, devece a actividade económica, ninguén inviste, baixa a recadación fiscal, sobe o gasto en desemprego e un remata sen diñeiro para pagar as débedas”.

E engadiu aínda que hai moitos experimentos que demostran que o recorte no gasto é o contrario do que cómpre facer, como nolo demostran os casos de Herbert Hoover, quen converteu o crak do 29 na tremenda Gran Depresión, ou os “éxitos” do FMI na Arxentina, Tailandia ou Indonesia.

O mesmo veñen sostendo Paul Krugman, Vicenç Navarro, Juan Torres e algún outro en escritos que nunca veremos na prensa de máis difusión deste país, na que só teñen cabida as extravagancias dos “cen economistas” e demais técnicos que traballan para a gran banca.

Asistimos á experiencia dun novo poder que parece estar por riba dos gobernos, que os espreme e que, ao cabo, os goberna. Tanto que lles impón unha política económica en todo oposta á que algúns deles pretenden executar, curiosamente desautorizada pola experiencia mundial.

Como ben escribiu Vicenç Navarro, “a austeridade que o establishment europeo está pedindo é para asegurarse que a banca (incluída a banca alemá) non perda o seus beneficios” por mor do colapso das burbullas inmobiliarias. Pero, ¿existen medios para acabar con semellante desgoberno? Verémolo outro día.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/12/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta