Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Outro capitalismo
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 08/07/2010)

Versión para imprimir

 

Moitos autores –como Maurice Lévy, Le Monde, 27.05.10- pensan que o capitalismo que vén, despois da crise actual, será ético ou non será nada. A crise é unha suma da incompetencia dos banqueiros, das compracentes axencias cualificadoras, dos reguladores culpables, dos “bonos”, dos Estados e as súas débedas e as súas mentiras...

Unha crise de valores que nos levou a unha verdadeira catástrofe (aínda no literal significado grego da palabra, de volta completa) e que significa un moi alto prezo a pagar: millóns de empregos destruídos, incremento da fraxilidade das empresas, millóns de familias na rúa...

O que nos levou á súa vez, di tamén Maurice Lévy, a unha crise de confianza que afecta á sociedade enteira e que ningún plan de salvamento poderá facer desaparecer. Cidadáns, consumidores, asalariados, accionistas... ¿en quén e en qué poden ter confianza?

Medio ambiente, desenvolvemento sostible, ética da responsabilidade cidadá e social, goberno das empresas, transparencia ¿van por aí os  camiños para unha creación de valores máis asociativos que accionariais?  ¿Ou na renuncia ao que foi o éxito do capitalismo –o éxito individual- polo ben colectivo?

Non digo que Maurice Lévy non leve razón. O que digo é que –quen teña dúbidas que repare na recente xuntanza do G-20 en Toronto- certos poderes económicos están podendo cos estados e van camiño de gañarlles a partida, como ben se ve no que está custando volver á indispensable regulamentación dos mercados. Penso que esa é a gran batalla na que se está decidindo o noso porvir.
 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/07/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta