Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Responsabilidade política
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 29/07/2010)

Versión para imprimir

 

Nas nosas democracias é xa unha preocupación moi seria a da responsabilidade dos políticos (por exemplo, Bastien François, Le Monde, 24 de xullo), que vai á par da perda de confianza nestes, cada vez máis afastados da sociedade, polo que esta se afasta tamén dos políticos e das urnas.

Non se trata de accións penais –non falamos de perseguir delitos, nin de ningunha falta nin de ningunha culpabilidade. Trátase da responsabilidade en que pode  incorrer o mandatario, o político, se non cumpre coa encomenda que lle conferiron os seus representados.

A solución é tan vella como a democracia: revogación do mandato conferido ao representante. Pero é visto que se trata dunha solución a moi longo prazo, en termos xerais. Producida a perda de confianza no mandatario, debera darse a posibilidade dunha inmediata revogación, ou medida semellante.

Unha solución posible pode vir polo camiño do exercicio da democracia directa –en Suíza, por exemplo o exercicio da democracia directa, tal como o entenden os suízos, podería axudarnos a dar coa vía axeitada-; ou pola modificación legal do sistema de responsabilidade civil esixido aos políticos, cousa pouco probable.

Nada hai menos funcional e máis entorpecedor nas democracias que o reiterado incumprimento do mandato político. Porque non só produce desafección nos mandantes, senón tamén porque nos leva á desconfianza e ao deterioro das institucións. Ningunha democracia pode manterse na desconfianza e no deterioro das institucións. A solución non é fácil; pero é moi urxente.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/07/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta