Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
No Vaticano "manca finezza"
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 08/04/2010)

Versión para imprimir

 

Non se pode dicir que a política de Ratzinger, polo que toca á corrupción sexual, sexa de mínima “finezza”. Máis ben resulta ser dunha vulgaridade impropia da súa persoa. E do peor conservadorismo –do que peor dano fai-, que consiste en calar e mirar para outro lado.

Ratzinger nunca tivo claro que a súa acción máis correcta tiña dous únicos camiños: 1) Limpar de verdade a casa propia e 2) Axudar a que lla limpasen dando conta ás autoridades xudiciais –nin sequera no caso Murphy, que coñecía moi de primeira man, non fixo ningunha das dúas cousas e, por iso, está pasando agora por un verdadeiro calvario.

O mal feito xa está mal feito. O peor é o que vai vir, seguindo na mesma liña. Por exemplo, os actos de solidariedade co culpable, ao que se quere facer vítima dalgunha estraña confabulación entre xudeu e masónica: ninguén ten a valentía de dicirlle que do que lle está pasando só el ten a culpa.

E cando a casa propia non se limpa a fondo e cando non se prescinde dos tarecos que máis ben estorban, o que se fai é hipotecar o futuro, ben xerando indemnizacións sen fin, ben expoñéndose ás accións dos fiscais (que nunca foron notificados deste tipo de delitos), e a non ter nunca o caso pechado.

Calquera dirixente político –e o Papa é un deles- se percibe que na sociedade algo marcha mal –sexan narcotraficantes, terroristas ou “afortunados” do ladrillo-, non dubida en tomar as medidas que crea oportunas; pero nunca cala, mira para outro lado e aquí  non pasou nada. Porque, así as cousas, sempre termina pasando o peor.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/04/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta