Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
O espertar árabe
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 12/09/2011)

Versión para imprimir

 

É un feito que comprende case todo o mundo árabe e boa parte do musulmán. O que xa é máis dubidoso é que este espertar evidente sexa unha verdadeira revolución, pois, en xeral, semella reducirse a revoltas, con moi diversos matices e alcance nos distintos países desa ampla rexión do planeta.

Nun casos –Tunisia e Exipto- conseguiron derrocar aos seus ditadores e sátrapas; noutros –Alxeria ou Arabia Saudita-, e por diversas causas, as masas non se teñen manifestado; noutros –Siria, Bereihn e Libia- a represión foi ou segue sendo brutal, e só no último se pode falar de derrocamento pola forza militar.

Ese espertar árabe é evidente. Pero, por agora, ningunha revolución se produciu en ningún dos países antes ditos. Tanto en Tunisia como en  Exipto non sabemos aínda que rol final pode xogar o exército, o que vai ser da máxima transcendencia. E nos demais a situación é de aprazamento, de queimar etapas ou de represión. En calquera caso, ningunha revolución se produciu.

Tendo en conta o que xa está pasando en Libia (as multinacionais petroleiras inglesas e francesas concertan a toda présa contratos millonarios para a explotación de hidrocarburos, e con Rusia e China participando no reparto do pastel), non será desavido concluír que un novo colonialismo vai suceder ao vello e que o cambio de dirixentes non será tal cambio senón tan só unha substitución.

Aínda así, o espertar árabe é un feito. ¿Vai haber un colonialismo semellante ao anterior ou, sinxelamente, máis presentable, pero colonialismo ao cabo? ¿Vai poñerse o exército do lado das esixencias populares ou ao servizo dos novos colonizadores? ¿Hai algunha posibilidade, sen contar coa colaboración militar, de que as revoltas cheguen a ser revolución? ¿É tan forte ese espertar árabe que o exército se verá obrigado a garantilo porque se non o fai agora terá que facelo máis adiante? Velaí.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/09/2011


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta