Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Outra política para outros tempos
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 29/08/2011)

Versión para imprimir

 

Ramón Lugrís, nun número recente de ANT, fíxose eco dunha afirmación miña no sentido de que son indispensables novos políticos que fagan  unha nova política  para nos encarar coas esixencias dos novos tempos. E deunos algunhas indicacións, moi ben expostas, como el adoita, sobre o que polo mundo adiante parece  estar xerándose.

Paréceme que o primeiro de todo en urxencia é que os partidos se decaten dunha vez de que na actualidade non son representativos, non son democráticos e teñen máis semellanza co autoritarismo que coa democracia. A sociedade e os mesmos afiliados, e posibles votantes, deben provocar neles un cambio radical. Non é imposible. Nada que sexa racional e con sentido é imposible. E parece que van chegando os tempos do cambio.

E vendo o que se esta vendo –a protesta dos que non se senten representados espallada por todo o mundo-, penso que os propios partidos terán que actuar (aínda con todas as súas eivas e uns intereses que pouco ou nada teñen que ver cos do país) e ir recollendo as aspiracións dos seus afiliados e votantes, que pouco a pouco os irán cambiando.

Ao punto que as cousas teñen chegado non vai ser nada fácil que academos unha verdadeira representación política. ¿Como liberarnos dos “mercados” se teñen atados de pes e mans aos gobernos polas débedas contraídas por estes, que preferiron, por razóns de votos, recorrer á débeda e non aos impostos? Esta é a cuestión. Outro día referirémonos a ela.

A maquinaria partidista vai renxer; pero iso será sinal de que se vai poñer en movemento, que vai ter que ir negociando os programas electorais cos sectores sociais afectados, que as listas serán negociadas, que se procurará unha maior e mellor representatividade... Pode que cambiar e estrutura e a acción dos partidos sexa o primeiro de todo. Será moi difícil, pero non imposible.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/09/2011


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta