Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Política e intereses
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 11/04/2011)

Versión para imprimir

 

A política é a arte de equilibrar intereses contrapostos. Nunca foi outra cousa. Nin nunca vai ser algo diferente. A política non se pode confundir coa moral, como se adoita facer, pois o seu campo de acción nada ten co que debe ser senón co que temos que facer para a defensa dos nosos intereses.

Cando se di que do Magreb só nos interesa aos occidentais a súa riqueza enerxética, de certo que así é –eses son os nosos intereses. Pero sen que poidamos esquecer que eses pobos non poderían vivir sen vendernos esa riqueza –eses son os seus intereses. Só a política pode equilibrar uns e outros en canto poidan ser contrapostos.

Pois ter petróleo sen que haxa quen o compre, carecería de todo valor. Pero o equilibrio de intereses contrapostos esixe, entre outros elementos, un prezo xusto e axuda técnica: sen un e outra non hai maneira de que se fagan realidade a riqueza do vendedor, dunha banda,  e as comenencias do comprador, de outra.

Pero os novos tempos esixen máis : esixen contribuír ao que sen dúbida é o desexo, e a necesidade, que eses pobos viven agora con máis intensidade: a súa liberdade, a súa dignidade, o seu benestar. Mala cousa se non vemos que todo isto forma parte tamén dos intereses que debemos equilibrar e contribuír a facer realidade.

Non podemos contribuír a que haxa sátrapas que descoñezan isto, porque iso forma parte dos nosos máis directos intereses. Só estaremos lexitimados para botalos sen contemplacións se antes, ou ao mesmo tempo, demostramos que contribuímos á liberdade, á dignidade e ao benestar deses pobos. Porque os nosos intereses, ao cabo, deben  ser máis converxentes que diverxentes.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/04/2011


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta