Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
A Francia débil de Sarkozy
Xulio Ríos (Sermos Galiza, 04/05/2012)

Versión para imprimir

 

En non poucas ocasións da historia europea recente, os electores galos teñen dado mostras da súa capacidade para marcar outros rumbos. Agora mesmo, coa vista posta na segunda volta das eleccións presidenciais do próximo domingo, Europa vira a súa mirada cara París coa esperanza de que o seu resultado permita eclipsar a política impulsada polo dúo Merkel-Sarkozy, introducindo outras variables na axenda que amparen as políticas de benestar.

Nunca en Francia nuns comicios deste tipo ten estado tan presente a política europea. É sen dúbida unha evidencia da inmensa forza da proxección de Bruxelas na política interior dos países da Unión. Fronte ao dilema de rigor orzamentario ou desenvolvemento, a verdadeira ecuación é outra e remítenos á defensa ou non dun modelo socioeconómico levado á picota por un proceso de mundialización gobernado polo poder financeiro en contra dos intereses das maiorías sociais.

O desenlace desta batalla presidencial podería ser o principio do fin dos novos anatemas xurdidos ao abeiro da crise e en clave estatal podería alentar as claves tradicionais da política francesa, tanto interior como exterior, reducidas á mínima expresión por Sarkozy, quen acentuou a dimensión euroatlántica no diplomático e liquidou calquera esperanza innovadora en eidos que nos afasten dunha implosión segura de seguir polo mesmo carreiro. A forza de Francia radicou sempre nunha singularidade que Sarkozy tentou destruír a conciencia promovendo usos e políticas uniformizadoras.

A probable vitoria de Hollande aboca a Europa a un novo compromiso. Pero esixirá unha implicación activa das cidadanías para que se traduza na implementación efectiva doutras políticas, mais xustas e equilibradas, con mais acento no gasto produtivo e menos nos recortes, con austeridade e reformas non só para evitar o dispendio de diñeiro público senón tamén para responsabilizar e disciplinar aos responsables da actual situación, salvagardando o ben común.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/05/2012


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta