| Presenza-Opinión |
||||||||
| Armas intratables Xulio Ríos (Sermos Galiza, 19/06/2012) |
||||||||
Tras seis anos de negociacións, a ONU debera aprobar en xullo un tratado sobre o comercio das armas convencionais. Dende que a crise comezou, os informes anuais do SIPRI (Stockholm International Peace Research Institute) confirman que este negocio segue boiante. Entre 2001 e 2010, os gastos militares mundiais medraron un 32%, aguilloados por EEUU, cun aumento do 82%. Mais aló do escandaloso das cifras deste lucrativo mercado conducido polas grandes compañías do mundo desenvolvido e as grandes potencias, a cuestión central para a ONU á hora da súa regulamentación é a compatibilidade cos seus obxectivos xerais de garantir o respecto aos dereitos humanos e o fomento dun desenvolvemento económico acorde cos intereses das maiorías sociais. Ás reticencias esperadas de moitos Estados (tanto exportadores como importadores) súmanse as incoherencias dos actores máis destacados. A UE, por exemplo, que tanto celebra sempre os avances nestas materias, segundo o SIPRI é responsable do 34% das vendas de armas no mundo entre 2006 e 2010 e os oito criterios aprobados polos 27 en 2008 para garantir a prevención de conflitos dispoñen dunha tan ampla marxe de interpretación que lle resta unha considerable efectividade. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2012
|
||||||||
|
||||||||