PresenciaVolver ó índice / Rusia


A victoria amarga de Putin
Por Xulio Ríos (La Voz de Galicia, 04/02/2000)

Ata hai escasas semanas, os xefes políticos e os mandos militares do Kremlin anunciaban o asalto definitivo á capital chechena con unha secuencia reiterativa un tanto patética. A toma de Grozni había simbolizar a derrota absoluta da resistencia guerrilleira. Pero un escepticismo bastante xustificado condicionaba todo anuncio de progreso. Paradoxalmente, agora que parecen superados os momentos máis delicados, cando ducias de rebeldes chechenos entréganse sen amosar resistencia e o propio mando rebelde anuncia o abandono da capital, os xenerais rusos, ó tempo que incrementan a presión sobre os correspondentes presentes na zona, negan estes extremos e aseguran que todo é mera propaganda. ¿É que non queren gañar?

A retirada dos guerrilleiros chechenos incorpora unha mensaxe evidente para os dirixentes e a sociedade rusa: a conquista de Grozni non significará a victoria nin a fin da guerra. Másjadov é consciente da previsible intensificación dos combates a medida que avance a campaña electoral presidencial. A inferioridade de condicións impón esta nova estratexia que pretende conservar certa capacidade de actuación aínda despois do 26 de Marzo, a única garantía para forzar unha hipotética negociación con Moscova. A baixa da popularidade do Presidente en funcións, esixe a Putin administrar e dosificar a victoria de xeito que irrumpa na campaña presidencial co esplendor necesario. Pero cando a bandeira rusa ondee na praza Minutka de Grozni, os soldados seguirán sen poder volver a casa.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/02/2000