PresenciaVolver ó índice / Balcáns


Cronoloxía dun conflicto
Por Lino Pellitero (publicado na revista Tempos Novos de abril/99)


“Os balkáns producen máis historia da que poden dixerir”
W. Churchill.



     
1389
A Batalla de kosovo-Polje e as súa consecuencias
    O kosovo é o seu selo de denominación de orixe e identidade para os serbios, o berce da Serbia medieval. Estas terras viviron o 15-28 de xuño de 1389 a batalla de Kosovo-Polje na que o exército otomano derrotou ao reino dos serbios, o Islam vencía á cristiandade. A oposición dos serbios á forzada islamización fíxoos emigrar cara ao norte abandonado as terras da Vella Serbia. Centos de miles de serbios fosen en seculares ondadas cara ao norte, especialmente nas dúas grandes migracións de 1690 e 1737, baixo a guía dos seus patriarcas. O Kosovo deixa de ser etnicamente serbio e homoxéneo. Os albaneses, islamizados dende o século XVI, colonizan esta zona e forzan a marcha dos serbios que aínda permanecen e non desexan mudar de relixión.

O Kosovo, é dalgún xeito, a Xerusalén dos Balkáns.

1878
División de Albania

3/03

  O tratado de S. Estéfano divide o territorio albanés e por esta razón móstranse en desacordo.
Liga Albanesa de Prizren

10/06

  300 delegados de todos os territorios albaneses se reúnen para tentar impedir a división e partición dos albaneses e propoñen a creación dun estado de orientación europea. Os serbios van sofrir durante tres décadas a presión dos albaneses que pretenden expulsalos. Prodúcense profanacións de mosteiros, igrexas e cimeterios; ataques, roubos e asasinatos.

1899
A liga de Peie

3/01

  Logo de disolverse a Liga, 450 persoas de diversas zonas albanesas, fundan unha organización político-militar chamada Liga de Peie, para loitar pola liberación do país da dominación otomana e pola unificación.

1908
Revolución dos xóvenes turcos
    20.000 albaneses súmanse a esta revolución dos Xóvenes Turcos coa promesa de diminuír os impostos e da millora das condicións de vida.

1912-15
Guerras balcánicas
    Estado de guerra no que 60.000 albaneses son desprazados do Kosovo ou son obrigados a cambiar de relixión á forza. Forte resistencia dos Kosovares. En 1913 Kosovo é integrado en Serbia ao fin das guerras balcánicas. Albania proclama a independencia o 28 –11-1912, recoñecida pola conferencia de embaixadores en novembro de 1921.

1914-18
Ocupación na 1ª Gerra Mundial
    Kosovo ocupado por forzas búlgaras e austrohúngaras. Na zona baixo ocupación búlgara rexístranse peores condicións. En 1918 entra a formar parte novo estado iugoslavo. Creación do Comité de Kosovo que actúa política e propagandisticamente contra a nova Iugoslavia.

1919
Os Kakats
    Bandas coñecidas coma “Kakats” actúan violentamente contra os serbios entre 1919 e 1924.

1945
50.000 albaneses masacrados

xullo

  Ao fin da 2ª guerra mundial o Kosovo é ocupado por catro divisións da Federación Iugoslava. Baixo administración militar 50.000 albaneses foron liquidados e en xullo de 1945 decretase a anexión unilateral de Kosovo, en vez de ser permitir a súa unificación coa Albania, tal coma se acordara na Conferencia de Buxán.

Conflicto PCI coa URRS e consecuente distanciamento entre Tirana e Belgrado

A ruptura de relacións diplomáticas entre Albania e Iugoslavia xoga un papel importante ente 1943-48, anos nos que Albania denuncia as inxustizas infrinxidas aos albano-kosovares. Dende o país fornecese de xornais e libros, que entran clandestinamente no Kosovo. Dende Radio Tirana e radio Kukski (perto da fronteira) anímase que loiten polo seus dereitos. Escoitar estas emisoras é considerado un deber patriótico.

1963
O Movemento revolucionario pola reunificación dos albaneses (LRBSB)
    En 1963 fúndase este movemento co obxectivo de liberar os territorios albaneses e de unificarse con Albania. A bandeira albanesa sitúase en moitas prazas públicas. En 1964 a policía desmantela a organización, 80 persoas condenadas a pena superiores aos 15 anos e 300 a sancións administrativas.
Cuarto pleno da Liga
    A Contitución do 63 e o IV pleno do partido Liga Comunistas Iugoslavos LCI en xuño do 66, abren un proceso de descentralización. Condéase a polìtica serbia contra dos albaneses e critícanse os abusos da policía política. Purga no servizo do seguridade do estado e o seu xefe, Alexandre Ránkovic, é alonxado do poder. Informes oficiais descubren a violación sistemática dos dereitos do albaneses. No período 1953-55 100.000 albaneses foron torturados e 1.100 foron asasinados ou recibiron malos tratos.

Entre 1953 e 1960 283.000 persoas tiveron que fuxir a Turquía.

Constátase unha subrepresentación dos albaneses nas institucións políticas e económicas. Os serbios e os montenegrinos detentaban os postos de maior relevancia social: o 68.7% dos efectivos da policía e o 86.6% dos servicios de seguridade, cando só representaban o 27% da poboación.

1968
Campaña “República de Kosovo”
    Estoupan manifestacións populares baixo o lema “República de Kosovo”.

1974
A Constitución do 74. Cambios constitucionais
    Na constitución do 74 Kosovo que pasa a ser unha Provincia Autónoma e nacionalidade no seno de Serbia e ao tempo considérase coma unha das entidades constituíntes da Federación Iugoslava.O Kosovo está representado nos órganos da Federación en pé de igualdade e dispón do dereito de veto coma as outras repúblicas.

Paseniñamente fóranse recoñecendo outras esferas sociais: a dotación dunha asemblea provincial que lexisla, un consello executivo, constitúese unha corte suprema con independencia xurídica, igualdade entre as dúas lingua, introducción da historia albanesa, a bandeira ondea nas prazas publicas etc.

O 5-3-71 Albania e Iugoslavia normalizaran as súas relacións.

Para os rancios centralistas serbios, estes avances supuñan un acto premeditado da destrucción da nación Serbia

1981
Campaña pola petición do estatuto de república

marzo
abril

  Comezan as manifestacións en Kosovo demandando a igualdade total dos albaneses dentro da federación e o recoñecemento do estatuto de república. Unha ducia de organizacións clandestinas influenciadas pola versión marxista-leninista do partido do traballo de Albania conflúen na mesma reivindicación: a unificación dos territorios albaneses coa nai Albania. Nestes ámbitos as institucións kosovares son tíldadas de máquinas para executar as ordes de Belgrado.

Radio Tirana e moitas asociacións culturais son vehículos da identidade kosovar e do desprestixio da administración federal.

1989
Folga e estado de escepción

febreiro

  En resposta a unha folga xeral, Belgrado proclama o estado de escepción e fai intervir ao exército.
Supresión do estatuto
    O 28 de marzo marca o cume do proceso de recrudecemento da represión, que remata coa supresión do estatuto de autonomía o 28-3-89.

1990
Proclamación de independencia

xullo

  O día 2 faise unha proclamación de independencia por parte de 115 delegados do parlamento. O día 5 as autoridades federais disolven o parlamento, suprimen o goberno, os seus órganos administrativos e poder xudicial.
Proceso constituínte

setembro

  O parlamento de kosovo, declarado ilegal polas autoridades iugoslavas, elabora e aproba o día 7 a constitución da autodenominada república de kosovo, que recolle principios semellantes aos das sociedades democráticas, baseados nos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.

Comeza o éxodo da década dos 90 no que 400.000 albano-kosovares emigrarán cara outros países de Europa ou do mundo.

1991
Referendo clandestino

setembro

  Do 26 ao 30 celébrase un referendo clandestino no que se proclama un estado soberano e independente
Segundo os datos da administración Kosovar participaron o 87,19% dos inscritos no censo e o 99,87% decantáronse polo voto afirmativo.

Un mes máis tarde é eleito o primeiro goberno paralelo. Belgrado intensifica torturas, execucións sumarias, rondas nocturnas, escolas fechadas, parlamento disolto, xornais e televisión suspendidos, expulsións violentas..etc.

1992
Ibrahim Rugova, presidente

maio

  Eleccións parlamentarias e presidenciais o día 24. O escrutinio é declarado ilegal por Belgrado. Ibrahim Rugova, da Liga democrática de Kosovo, é eleito presidente. Este intelectual moderado, escolle a vía da resistencia pacífica e a organización dun verdadeiro estado paralelo con escolas, hospitais, xustiza etc á marxe da Administración federal. Os gastos sufráganse coas aportación do 3% dos salarios e as donacións do 1.500.000 de albaneses esparexidos polo mundo.

1995
Acordo serbio-kosovar no ensino

febreiro

  Serbia asina un acordo coas autoridades albano-kosovares polo que os nenos kosovares abandonan as escolas paralelas e voltan a integrase na rede pública do ensino, logo dun boicot de seis anos ás escolas federais.
Condea á policía paralela

xullo

  Sesenta albaneses son condeados a penas superiores aos seis anos por formar parte da policía paralela
Repoboacións de serbios procedentes de Croacia

agosto

  Refuxiados serbios desaloxados polos croatas na guerra de Bosnia da rexión da Krajina son instalados no Kosovo e prodúcense tensións. Incumprimento dos acordos Milosevic-Rugova.

1996
Aparece o Exército de Liberación do Kosovo (ELK)

febreiro

  Descontentos coas escasos froitos da resistencia pasiva auspiciada por Rugova, sectores albano-Kosovares deciden pasar á via armada, animados polos resultados da guerra de Bosnia, na que se primaron as conquistas de Guerra. A organización secsionista se manifesta cunha serie de ataques con bombas.

1997
Enfrontamentos, actos terroristas, manifestacións e represión

xaneiro

  O rector serbio da universidade de Pristina á gravemente ferido nun atentado reivindicado polo ELK

setembro

  Manifestacións estudiantís reprimidas. Enfrontamentos e protestas civís. Ataques nocturnos contra postos da Policias en distintas vilas de Kosovo.

outubro
decembro

  Un avión Iugoslavo é abatido e un campo de refexiados serbios é ametrallado e atacado con granadas.

1998
O conflicto agúdízase e os acordos fustrados

febreiro
marzo

  Condea internacional polas accións da policia serbia na destrucción de numerosos pobos ocasiónando 250.000 refuxiados. Moitos milleiros vaga polas montañas. O fascista M. Vojislav Seselj do Partido Radical, que rexeita calquera tipo de negociación cos albaneses, é nomeado vice-presidente da coalición de goberno de Belgrado. Embargo de armas da ONU.

Rugova é relexido presidente, nun proceso electoral non recoñecido por Belgrado.

abril

  O parlamento de Belgrado rexeita a participación extranxeira na crise. En Pristina desenvólvense maniffestacións antiserbias.Continuan os enfrontamentos entre o exército e o ELK.

maio

  O grupo de contacto decide castigar a Serbia e Montenegro cun embargo de investimentos. Conversas sen resultados entre Milosevic e Rugova.

xuño

  Os combates provocan un éxodo de 10.000 kosovares cara a Albania.

setembro

  Milosevic amosa a súa disposición a un certo grao de autonomía en Kosovo. Resolución da ONU con esixencia do cesamento do fogo, a retirada das tropas serbias e o entablamento de negociacións.

outubro

  Milosevic e Holbrook acordan o cesamento dos combates, a retirada das tropas serbias e o desplegamento do 2000 verificadores desarmados da OSCE en Kosovo. O ELK rexeita o acordo. A OTAN retira a ameaza de ataques aéreos.

novembro

  Rugova rexeita entablar necociacións directas con Belgrado.

decembro

  Enfrontamentos entre o ALK e o exército na fronteira de Albania.

1999
Intensificación do conflicto - Ataques aéreos

xaneiro

  Ofensiva serbia en Kosovo. Milosevic expulsa ao xefe dos observadores.Occidente elabora un plan de intervención.

febreiro

  Negociacións no Castelo de Rambouillet. Os albano-kosovores anuncian un goberno provisional. 9000 persoas teñen que deixar os seus domicilios.

marzo

  A Guerra no Kosovo non se detén. A delegación albano-kosovar asina o acordo de Rambuillet. Milosevic rexeita do desplegue dunha forza de interposición internacional no Kosovo. Milosevic envía 30.000 soldados ao Kosovo. A OTAN comeza o bombardeo de Iugoslavia.
Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/5/99