PresenciaVolver ó índice / Balcáns


Kosovo e a OSCE
Por Xulio Ríos (artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 14/1/99)

O éxito na liberación dos militares serbios dificilmente pode beneficiar a imaxe da OSCE. Fallou na súa misión preventiva e tamén na reparadora. O envío de 2.000 observadores civís non é mais ca unha ampliación da misión diplomática, denuncia Veton Surroi en “Kotha Ditore” de Pristina. Nin máis observadores nin a autorización concedida á OTAN para sobrevovoar o ceo kosovar impedirán que prosiga a limpeza étnica nin proporcionarán maior protección á poboación. Tampouco as ameazas exteriores serviron para mellorar a habilitabilidade da maioría albanesa. Os documentos sobre a autonomía kosovar preparados polos mediadores internacionais contemplan un nivel competencial inferior ó existente no Kosovo antes de 1989.

Entre os albaneses medra a convicción de que os países occidentais decidiron sacrificar Kosovo para non estragar a fráxil estabilidade de Bosnia. Mal arranxo. A incomprensión e a pasividade internacional radicalizarán ós albaneses. Probablemente non gañarán pero pasará moito tempo antes de voltar a tranquilidade. Erra quen pretenda separar os problemas de Kosovo e Bosnia. Como sinalou James Pettifer en “The World Today”, o conflicto é inseparable do silenciamento do problema albanés nos acordos de Dayton.

Xulio Ríos é director do IGADI. Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/1/99