Presencia-OpiniónVolver ó índice / Europa


Solidarnosc é de todos
Por Xulio Ríos (Canal Mundo, 30/08/2000)

Esa parada fotográfica dos líderes do Partido Popular Europeo ao pé duns asteleiros en Gdansk (Polonia) é simplemente irritante. É falso que o ideario do movemento de 1980 coincida coas aspiracións dos "populares". No seo de Solidarnosc, ademais de anticomunistas, había autoxestionarios e anarquistas, socialdemócratas e socialistas críticos, católicos e ateos, xudeus e antisemitas. Tan indebida apropiación é pouco respectuosa coa historia e cos seus auténticos protagonistas. Certamente o desclasado Walesa, a figura de maior proxección internacional, rapidamente substituíu o "mono" do asteleiro por un elegante traxe; quizáis tamén por non saber permanecer no seu lugar, mingou a súa popularidade.

Solidarnosc é de todos. Asociar Solidarnosc e dereita europea é igual de abusivo e manipulador ca equiparar o afundimento do Kursk ou o incendio de Ostankino ós males da época soviética –na que non todo foi lixo e chatarra– obviando, como se non existiran, dez anos dun Ieltsin bebendo a creto do Fondo Monetario Internacional, mentres o país iba á deriva.


Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/08/2000