China e o mundo chinésVolver ó índice
Ás duras e ás maduras
Por Xulio Ríos (A Nosa Terra, 14/04/2005)
 
 

  Clic para aumentar
Encarar a explosión da economía chinesa, sexa no téxtil ou en calquera outro sector, debe permitirnos constatar con alegría que ese desenvolvemento está permitindo retirar a moitas persoas da pobreza nun país que acolle á quinta parte da humanidade e a un ritmo nunca coñecido. Obviamente, esa dinámica, imparable, cuestiona o futuro de moitas empresas e postos de traballo no mundo rico, e obriga a reconsiderar actividades e industrias que xa non poden sustentarse nalgúns valores que dificilmente poden ser competitivos nunha economía global e cun país que non soamente goza dunha inmensa riqueza de man de obra barata, senón tamén cualificada en moitos sectores.
 
Prognosticábase que a China ía experimentar longos padecementos pola súa entrada na Organización Mundial do Comercio. Sen dúbida, os axustes serán moitos, porque deberá facer fronte ó unísono a moitas cuestións e ningunha delas será doada de arranxar nun país de semellantes dimensións e con tantos desequilibrios de todo tipo. E co agravante engadido da urxencia, pois a desesperación e a impaciencia están a medrar en moitas zonas, especialmente no rural, moi estancado e celoso do medrío costeiro, con manifestacións crecentes de descontento do que son boa mostra os episodios de disturbios e violencia que se rexistran en moitas zonas do país.

Pero a novidade estriba en que as queixas proveñen dos partidarios do libre mercado, da libre competencia, dos que fixan as regras e queren impoñelas ós mais febles. A Unión Europea e EEUU din que analizan con frialdade o impacto da apertura dos seus mercados ó téxtil chinés, enveredando de novo o camiño do proteccionismo mentres reclaman a outros que ergan todas as súas barreiras. As industrias occidentais están especialmente inquietas pois os incrementos nas vendas son anegadores: 41% para Estados Unidos, 46,5% para Europa, no que vai de ano, e no que xa algúns cualifican de tsunami téxtil. China reaccionou con vontade negociadora, propoñendo mellorar a calidade da súa oferta e mesmo fixando un prezo mínimo para os seus produtos, de xeito que o mercado “pobre” quedaría en mans de Bangladesh ou Paquistán.

Encarar a explosión da economía chinesa, sexa no téxtil ou en calquera outro sector, debe permitirnos constatar con alegría que ese desenvolvemento está permitindo retirar a moitas persoas da pobreza nun país que acolle á quinta parte da humanidade e a un ritmo nunca coñecido. Obviamente, esa dinámica, imparable, cuestiona o futuro de moitas empresas e postos de traballo no mundo rico, e obriga a reconsiderar actividades e industrias que xa non poden sustentarse nalgúns valores que dificilmente poden ser competitivos nunha economía global e cun país que non soamente goza dunha inmensa riqueza de man de obra barata, senón tamén cualificada en moitos sectores. Por iso, a única reacción posible e de futuro é a de poñerse a pensar en como tirar proveito deses novos millóns de chineses que están a mellorar as súas capacidades adquisitivas configurando interesantes mercados para produtos dos países desenvolvidos e imaxinar novas formas de xerar riqueza a partir das potencialidades das economías ricas.

Non hai novidade no que está acontecendo. É o modelo que se buscou e que se impuxo. Víase vir hai tempo e parece mentira que algunha clase empresarial reclame agora dos poderes públicos intervencións proteccionistas cando militaron no contrario sempre que lle foi ben. A relación deberá ser vantaxosa para todos. Non querían que o mercado fose libre? Pois aí o teñen. Soamente falta que os mesmos que viñeron reclamando con absoluta insistencia a non intervención do Estado no libre xogo das forzas do mercado, incluído o laboral, reclamen agora as subvencións do erario público para paliar a redución dos seus beneficios. Ou que para garantilos, opten por vender as súas empresas a eses chineses, que xa non veñen a abrir restaurantes ou tendas de todoacen, senón a tomar posesión da súa cuota no mercado global.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/04/2005
Fernando Pol